Trece contaxiados en colexios do Barbanza en 10 centros. Suben os positivos pola COVID-19

02 Outubro 2020

A lista de alumnos contaxiados na comarca segue aumentando e nas últimas 24 horas rexistranse catro positivos máis. Iso eleva os positivos a 13 rapaces de dez centros da comarca.

A Consellería de Sanidade comunicou que se detectaron novos casos no Centro Plurilingüe Galaxia de Ribeira no María Assumpta de Noia e ase mesmo dous casos no IES Félix Muriel de Rianxo.

Lembramos que Rianxo ten o maior número de positivos en centros con seis casos, en Boiro catro, Ribeira dous e Noia un.

Mentres a Consellería informa que a área sanitaria Santiago- Barbanza sube os seus positivos a 539, cinco mais que onte. Aumentan tamén os hospitalizados a 40, catro mais que onte (39 Hospital Clínico de Santiago: 5 deles en Unidades de Críticos + 1 no Hospital La Rosaleda). Os pacientes curados son 3.216 e os PCR realizadas suben a 75.655.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.203, deles 904 son da área da Coruña, 526 da de Lugo, 850 da de Ourense, 765 da de Pontevedra, 491 da área de Vigo, 539 da de Santiago, e 128 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 3.960 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.389 persoas curadas, rexistrándose 749 falecementos. O número de PCR realizadas é de 492.648.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.