Boiro limita o horario de apertura do parque da Cachada

22 Outubro 2020

O Concello de Boiro vén de decidir que o parque da Cachada permanecerá pechado durante as noites da fin de semana para evitar que se empregue como lugar de encontro. As instalacións permanecerán pechadas na fin de semana, de venres a domingo, entre as 23.00 e as 7.30 horas.
Tendo en conta o aumento das restricións por parte das autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19, como son a limitación de reunións cun número máximo de 5 persoas, o Concello de Boiro vai intensificar o control da poboación e a vixilancia para garantir que se cumpran as medidas específicas de prevención.
Ademais das restricións para actividades culturais e deportivas, en interior e exterior, e as capacidades máximas de instalacións municipais, o Concello de Boiro vén de aplicar máis restricións co peche do parque da Cachada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...