Morre un veciño de Ribeira pola COVID-19. Son 29 as vitimas da comarca desde marzo. Galicia rexistra 12 mortos nun día e suma 880

26 Outubro 2020

A morte dun veciño de Ribeira de mediana idade eleva a tres as vitimas da comarca na segunda fase da COVID-19. O paciente levaba varias semanas ingresado no CHUS en Santiago e presentaba patoloxías previas e o seu estado comezou a empeorar hai uns días. Os restos mortais da vítima foron trasladados ao tanatorio das “Dolores” e está previsto que o seu corpo sexa incinerado mañá en Boisaca.

Este é o terceiro falecemento da segunda onda da pandemia que se rexistra na comarca. O primeiro ocorreu o pasado xoves cando faleceu un veciño de Cespón de 71 anos que permanecía ingresado na uci do Clínico compostelán e o segundo tivo lugar a última hora do sábado, un veciño de Porto do Son de 87 anos.

En total morreron xa 29 persoas pola COVID desde o inicio a pandemia desde o primeiro caso acontecido a finais de marzo.

En Galicia rexistraronse na última xornada 12 falecidos a cifra mais alta da segunda onda o que eleva a 880 as vítimas mortais na comunidade.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.