Galiza Nova denuncia unha pintada LGBTfóbica en Ribeira

14 Outubro 2020

A organización xuvenil do BNG denunciou este mércores 14 de outubro un novo ataque LGBTfóbico na comarca, desta vez en Ribeira. A pintada, que amais do seu denunciábel contido tamén é condenábel porque estraga o mobiliario urbano sobre o que foi perpetrada, non é por desgraza, segundo pon de manifesto a responsábel comarcal da organización, Diana Lixó, un caso illado, xa que segundo explica, “as persoas LGBT enfrontámonos a agresións constantes diariamente”.

Lixó engadiu que ante esta grave problemática é preciso que sexamos activistas os 365 días do ano, educando ao noso entorno en igualdade e respecto.

A respecto desta agresión e doutras moitas que sofren acotío os devanditos colectivos LGBT, as xuventudes do BNG consideran necesario promover “unha educación sexual digna nos colexios, que eduque ás nosas crianzas libres de prexuízos moralistas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.