Galicia volve superar os 400 contaxios, os falecidos soben a 780. Rianxo deixa a alerta pola COVID-19 e O Son entra no nivel 1 o rexistrar máis de sete casos nunha semana

10 Outubro 2020

Os casos de coronavirus están desbocados en Ourense, disparados en Santiago e estables nas demais áreas sanitarias.

Galicia detectou 405 contaxios por coronavirus nas últimas 24 horas, o que supón volver superar por segundo día consecutivo a barreira dos 400 e situarse en cifras de finais de marzo, ao comezo da pandemia. Case a metade dos novos infectados, un total de 191, concéntranse na área sanitaria de Ourense.

Ademais, segundo a última actualización do novo portal da Consellería de Sanidade para informar sobre a incidencia da COVID-19, a Comunidade galega sumou un novo falecemento nas últimas horas, o que sitúa a cifra total en 780. En concreto, a última vítima é unha muller de 93 anos que morreu na residencia de maiores Ballesol do concello de Oleiros.

En canto ás altas, nas últimas 24 horas producíronse 319 –73 máis que o día anterior– e o total de persoas curadas desde o inicio da pandemia é de 21.425.

A segunda área con máis contaxios diarios, 65 nas últimas 24 horas –fronte ás 49 do día anterior–, é a de Santiago e Barbanza, que conta con 581 pacientes de COVID-19. Na comarca faleceron desde o inicio da pandemia 120 persoas.

Datos Consellería Sanidade

En Galicia hai un total de 21.425 pacientes curados. A día de hoxe hai 4.146 pacientes en seguimento nos seus domicilios. O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...