O Leliadoura e o San Alberto con alumnos positivos. Son 7 centros na comarca con 9 casos

Os institutos Leliadoura de Ribeira e Campo de San Alberto de Noia novos centros nos que se detectou un alumno con coronavirus.

Sanidade está rastrexando aos contactos por se puidese máis infectados. Por outra banda o colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras está libre de covid despois da alta do estudante contaxiado.

Actualmente na comarca hai 9 casos positivos en nove centros escolares da comarca. Nos CEIP Cernadas de Castro de Lousame e Santa Irene de Porto do Son hai rexistrados dous alumnos enfermos en cada un, mentres que no resto só hai un. Así, segundo Sanidade, continúan activos os casos do Praia de Barraña de Boiro, Félix Muriel de Rianxo e Bayón de Ribeira.