A Policía Local de Rianxo fixo balance da actividade xerada nas últimas datas ao abeiro do operativo para vixiar, no termo municipal, o cumprimento das medidas establecidas para o control da pandemia COVID19. Segundo fixo saber o corpo rianxeiro, os días pasados foron denunciadas seis persoas ademais dun establecemento hostaleiro por “infraccións relativas á normativa sanitaria”.
Ademais, foi investigado un condutor por un delito contra a seguridade do tráfico. Este último feito produciuse con ocasión dun control preventivo na estrada DP-7202, no que se identificou unha persoa que circulaba baixo “síntomas evidentes de conducir baixo a influencia do alcohol”. Unha vez sometido ao control de alcoholemia, o condutor deu como resultado positivo cunha taxa de alcohol en aire expirado de 1.16.
A persoa identificada, que posúe antecedentes similares anteriores, foi investigado xudicialmente á espera de celebración de xuízo rápido.
Asemade, e froito dos distintos servizos efectuados tamén foi proposto para sanción o propietario dun vehículo que quedou inmobilizado de súpeto nun carril de circulación dunha rúa do casco urbano de Rianxo, o cal, unha vez inspeccionado, c