“Esquecemento oficial, dor familiar”. Antón Luaces

05 Outubro 2020

​Vanse cumprir dous anos do accidente que, no portalón de acceso ó porto de abrigo de Malpica, custou a vida ao patrón do pesqueiro “SILVOSA”, con base no mesmo porto, José Ángel Sanjurjo Lauzara. Faltaban escasos 20 minutos para que se cumprisen as 5 da mañá do 20 de decembro de 2018 cando o “Silvosa”, con catro homes a bordo, tentaba abandonar ese porto de abrigo que, un día sí e outro tamén utilizan os barcos malpicáns para se resgardar do mal tempo. A apertura do portalón xera, dende sempre, unha forte corrente que desta vez, fixo que o pesqueiro que patroneaba José Ángel se fose contra a parede, posiblemente dempois de “tocar” no fondo de pedra que enmarca por baixo esa entrada. O patrón non poido abandonar a ponte do barco e os outros tres compañeiros foron socorridos a tempo. Dende aquel 20 de decembro, Malpica e o mundo do mar en xeral están á espera de que a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar e o ente público Portos de Galicia dean solución a un problema que saben existe e que non dan amañado.
Sí se amañan outros portos, cucas necesidades son asimesmo evidentes: Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, destinou preto de 40 millóns de euros  a algúns dos 122 portos de competencia autonómica, nos que deben ser solucionados problemas dos abrigos nos peiraos e dos pavimentos nos pantaláns. En concreto, máis de 38 millóns para a operatividade portuaria e o abrigo (25 millóns) nos portos de Laxe e Burela, e os restantes a obras derivadas dos danos ocasionados polos temporais de mar e vento na lonxa de Camariñas e nos portos de Mera e Barallobre. Os outros 13 millóns van destinados a proxectos de acondicionamento e mellora de instalacións, reordenación do tráfico, sinalización, etc., e control de accesos e inspección portuaria nos peiraos comerciais da Xunta na Pobra do Caramiñal, Ribeira, Brens, Cariño, Celeiro, Burela,Laxe e Ribadeo. Mais o porto de Malpica non aparece nesta relación de obras a realizar ou xa realizadas con cargo a eses case 40 millóns de euros que Portos de Galicia -entidade presidida dende fai uns meses por Susana Lenguas- inviste este ano nas obras relacionadas anteriormente. Obra que, como digo, son necesarias, indispensables; pero non tan radicalmente demandadas pola veciñanza de José Ángel, da familia deste xove patrón e distintas organizacións profesionais que seguen sen entender que, case dous anos despois da traxedia relatada só se teñan realizado traballos, estudos, que permitan afrontar unha modificación moi necesaria que evite que a vida dos mariñeiros malpicáns se poña en risco cada vez que entran ou saen nos seus barcos do porto de abrigo local.

Dou por feito que nin a conselleira do Mar, nen a presidenta de Portos de Galicia -tampouco o presidente da Xunta- queren cargar coa responsabilidade do acontecido e mesmo do que pode acontecer. Que impide, xa que logo, que aínda que non sexa máis que por respectar a memoria de José Ángel Lauzara, mariñeiro de Malpica, o porto no que perdeu a vida sexa modificado para que outros non sigan o mesmo camiño?.  

Silvosa

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...