Detidos dous veciños de Boiro por 15 roubos con forza

09 Outubro 2020

A Garda Civil de Boiro detivo a dous veciños da localidade como presuntos autores de 15 delitos de roubo con forza, un de furto e outro de furto de uso de vehículo de motor, na fase de explotación da ‘Operación Bremera’.

Esta operación iniciouse pcomo consecuencia do elevado número de denuncias ante a Benemérita en Boiro. As vítimas explicaron que os seus establecementos foran obxecto de roubos con forza e subtraíanlles do seu interior diversos electrodomésticos, aparellos electrónicos, produtos de cosmética, nalgún caso a caixa rexistradora coa recadación no seu interior e, nunha delas, o furto dun vehículo, descoñecendo en todas a autoría dos feitos.

No transcurso da investigación a Garda Civil constatou a existencia dunha serie de feitos ilícitos similares se ben as vítimas non puxeran denuncia. A contía total do subtraído ascende a uns 11.000 euros.

Como froito da investigación policial ao longo de varios meses de investigación, a Garda Civil logrou a identificación dos autores dos mesmos e á recuperación de parte dos obxectos subtraídos. Como consecuencia procedeuse á detención de dúas persoas, como presuntos autores de 15 delitos de roubo con forza, un de furto e outro de furto de uso de vehículo de motor.

A Garda Civil puxo aos detidos ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Ribeira, cuxo titular decretou o seu ingreso en prisión sen fianza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.