A Policía Local de Boiro fará controis de velocidade nos puntos máis conflitivos do municipio

30 Outubro 2020

A Policía Local de Boiro vai participar, entre o 30 de outubro e o día 13 de novembro, nunha campaña de control de velocidade de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico. Esta iniciativa ten, en palabras do Concello, a “finalidade de fomentar a seguridade viaria no municipio, sobre todo naqueles puntos detectados polos axentes como máis conflitivos polo exceso de velocidade”.

A furgoneta da DX equipada con cinemómetro vai estar a disposición da Policía Local de Boiro para facer controis entre este venres 30 de outubro e o día 13 de novembro como unha das medidas que os axentes levan a cabo en materia de mobilidade para previr accidentes e outras incidencias provocadas por exceso de velocidade.

O Concello engade que o control “vaise centrar en estradas periféricas do municipio, ao ser os puntos máis conflitivos e nos que mais se infrinxen os límites de velocidade, pero tamén nos núcleos urbanos onde hai máis afluencia de peóns para previr as incidencias por exceso de velocidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.