O Concello de Boiro entrega máscaras de protección a todo o alumnado dos colexios locais

07 Outubro 2020
A visita ao cole de Abanqueiro

O Concello de Boiro segue a dar pasos en materia de seguridade sanitaria, desta volta, coincidindo co recente inicio do curso, poñendo o foco nos centros escolares. Segundo informou o Goberno local, o comezo da tempada escolar estase a acompañar co reparto de máscaras reusábeis entre todo o alumnado dos centros educativos do termo municipal. A concelleira de Educación, María Outeiral, visitou na mañá deste mércores 7 de outubro todos os centros para entregar as máscaras e reunirse cos equipos directivos dos mesmos e coñecer de primeira man como se está levando o inicio do curso.

No colexio de Cabo de Cruz

“Os equipos directivos transmítennos que os rapaces e rapazas están tendo un comportamento exemplar á hora de cumprir con todas as medidas de seguridade. O profesorado está facendo un gran traballo en todos os niveis por que o alumnado poida seguir coas clases con normalidade”, comentou a edil, quen acudiu aos centros acompañada do concelleiro de Xuventude, Marcos Fajardo, para entregar as máscaras aos equipos directivos. “As máscaras que lles entregamos pódense reusar, para que sexa o propio profesorado quen as xestione en función das necesidades do alumnado”, engadiu.

Visitando o centro educativo de Cespón

Aproveitaron a súa visita aos colexios para verificar en que estado se atopan os centros despois das tarefas de reforma e acondicionamento que se realizaron durante todo o verán, da man do Concello. Tamén quixeron coñecer as necesidades pendentes e poder facer unha planificación das actuacións a levar a cabo. “Seguimos traballando en conxunto o Concello, os centros educativos e as ANPAs pola mellora e coidado dos centros de ensino do municipio”, informou a concelleira.

Outros artigos

UCIN Boiro critica o estado da estrada de Berres

O grupo UCIN Boiro, a través do seu coordinador Miguel Piqueras, vén de emitir un novo comunicado no que critica o estado no que se atopa a estrada de Berres, unha vía fundamental que conecta Boiro con O Saltiño e Cabo de Cruz e que, indican, "soporta diariamente un...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.