En Ribeira “Stop Desafiuzamento” pide o Concello que actúe ante o desaloxo dunha familia

22 Outubro 2020

O próximo mes de decembro podería ser DESAFIUZADA unha familia de Ribeira, por falta de pagamentos de aluguer, nun procedemento que se segue no Xulgado número 1 de Riveira.

Desde a oficina da Valedora do Pobo instouse ao Concello de Ribeira un informe sobre as actuacións practicadas polos servizos sociais municipais ao obxecto de mitigar a problemática da vivenda que afecta á familia en concreto. Esta familia ten concertado un contrato de aluguer cunha empresa que é considerada como un “gran tenedor”, ao ter moito máis de dez vivendas en propiedade e a maioría en réxime de aluguer.

Desde a Plataforma “Stop Desafiuzamentos” do Barbanza consideran que están en situación de emerxencia sanitaria polo Covid 19 e os desafiuzamentos atópanse limitados e ademais hai que ter en conta que ao ser o propietario, un gran “tenedor”, deberase manter á familia na vivenda habitual, mentres dure a emerxencia sanitaria ou ben que a propia Xunta de Galicia garanta unha ALTERNATIVA HABITACIONAL efectiva.

Por outra banda desde a Plataforma “Stop Desafiuzamentos” Barbanza, unha vez máis, queren agradecer a colaboración da empresa conserveira de “IGNACIO GONZALEZ MONTES” pola doazón dunha importante cantidade de caixas de latas de atún para a entrega entre decenas de familias da Comarca do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.