Ribeira compra a “Casa Gran Sol” para a futura Biblioteca Municipal

22 Outubro 2020
“Casa Gran Sol” futura Biblioteca Municipal de Ribeira

A xunta de goberno local de Ribeira aprobou na súa sesión desta mañá a compra do inmoble coñecido como ‘Casa Gran Sol’ coa fin de rehabilitalo e transformalo na futura Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.
Situada na rúa de Galicia moi preto do mercado municipal, trátase dunha construción de carácter tradicional de muros de mampostería e forzados de madeira, cuberta a dúas augas e tella cerámica sobre entramado estrutural de madeira. Cunha antigüidade superior aos oitenta anos, o edificio sostén un interese arquitectónico considerable, sobre todo a súa fachada principal.
Para financiar a adquisición deste inmoble, o Concello procedeu no pasado novembro de 2019 á sinatura dun convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia para o acceso ao Fondo de colaboración para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. A rúbrica do acordosupuxo a disposición a favor do Concello de 244.943,68 euros (o importe da compra aprobada hoxe) a repoñer nun prazo de oito anos a razón de 30.617,96 euros anuais.
Rehabilitación
A intención é rehabilitar o inmoble conservando a fachada principal e
reformando a planta baixa e a planta alta coa fin de acadar unha nova distribución interior que, sobre unha superficie construída de 750 metros cadrados, permita albergar a biblioteca propiamente dita, así como salas de estudo, sala de informática e una espazo amplo de usos múltiples que posibilite a celebración de actividades culturais e de dinamización da lectura.
Unha primeira memoria valorada redactada por técnicos municipais estima o valor das obras en arredor de 750.000 euros.

“Casa Gran Sol” para a futura Biblioteca Municipal de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.