Ribeira acolle este venres a presentación do libro que recupera a memoria de Enrique e Manuel Fernández Sendón

10 Xuño 2026

Este venres 12 de xuño a CRMH do Barbanza en colaboración co Concello de Ribeira presentará en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, o libro Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión. Unha obra na que se desentraña a vida persoal, política e intelectual de dous irmáns ribeirenses que sufriron a represión franquista.

Ademais, este mércores 10 de xuño celebrarase no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (Bar Plaza), ás 11.30 horas, unha rolda cos medios de comunicación para informar da presentación e doutras cuestións.

O dito volume, elaborado por Xosé Luis Axeitos, Uxío Bobillo e Carlos Cimadevila, afonda na traxectoria vital de Enrique e Manuel Fernández Sendón, abordando o seu legado desde a perspectiva da memoria democrática e a represión sufrida durante un dos períodos máis convulsos da historia contemporánea.

O acto do venres contará coa participación de Xosé Luis Axeitos, autor da publicación; Fidel Vidal, psiquiatra xubilado; Carlos Cimadevila, representante da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB); e Ana Barreiro Rego, concelleira de Cultura do Concello de Ribeira.

A iniciativa está organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, coa colaboración do Concello de Ribeira, e enmárcase nas actividades destinadas a promover o coñecemento e a reflexión sobre a memoria histórica na comarca.

A presentación está aberta ao público e suporá unha oportunidade para coñecer de primeira man o contido dunha obra que reivindica a importancia de preservar as historias persoais e colectivas vinculadas á represión e á defensa da memoria democrática.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.