Cinco persoas feridas nunha colisión frontal entre dous turismos en Padrón no enlace da AG-11

22 Outubro 2020

Cinco persoas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia esta tarde despois de producirse unha colisión frontal entre dous turismos en Padrón.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha das persoas feridas no sinistro tivo que ser liberada polos efectivos do GES da localidade, ao quedar atrapada no interior dun dos coches implicados, para que fose atendida polos servizos sanitarios.

O accidente tivo lugar no enlace da Autoestrada AP-9 coa Autovía do Barbanza AG-11, ao fío das 16:35 horas. Foi nese intre cando o 112 Galicia recibiu a chamada de varias persoas particulares que alertaban do sinistro.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, ao GES de Padrón, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía de circulación. Ademais, os xestores de Emerxencias 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...