O número de alumnos contaxiados por COVID-19 no Barbanza baixa a 12 con respecto a semana pasada. Detectouse un novo contaxiado no colexio de infantil e primaria de Cespón, pero cambia a situación en tres centros. No CEIP Castelao de Rianxo só queda un neno enfermo dos dous que había a finais da semana pasada, mentres que no instituto boirense da Cachada incrementouse o número de estudantes afectados, que actualmente son dous.
Abriuse a aula da escola infantil de Praia Xardín tralo peche o aparecer un positivo. Sigue clausurada a aula da gardería municipal de Ribeira dos compañeiros que compartían aula con outro neno enfermo, e que é o único centro de Barbanza que continúa cunha unidade clausurada. Segue habendo un positivo no Santa Baia e no IES Espiñeira de Boiro, no Galaxia de Ribeira e no María Assumpta de Noia, e dous enfermos no Félix Muriel de Rianxo.
O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo
O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...



