Ferido un veciño de Rianxo nun accidente en Boiro

14 Outubro 2020

Un home de 75 anos de idade resultou ferido nun accidente de moto rexistrado sobre as sete desta tarde. O moteiro circulaba pola estrada comarcal AC-305 cando se saíu da vía co seu ciclomotor á altura de Ponte Beluso.

Ao lugar do accidente acudiron membros do equipo de emerxencias de Boiro, da Policía Local, unha patrulla de Tráfico e unha ambulancia do 061, que atendeu ao ferido e trasladouno ao hospital comarcal. En principio, o seu estado non revestía gravidade. O ferido é un veciño do lugar de O Pazo, en Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.