O Concello de Boiro convocou unha liña de axudas económicas extraordinarias destinada a atender situacións de necesidade social para adaptación de vivendas en materia de accesibilidade ou para persoas con dependencia, así como para servizos de respiro familiar ou de...
Este mes de xullo comezan en Boiro as III Xornadas do Deporte de JEALSA con dúas sesións abertas sobre náutica e “full dance”
Este mes de xullo arrincarán as III Xornadas do Deporte impulsadas pola conserveira boirense JEALSA a través do seu programa de responsabilidade ambiental e social We Sea. Trátase dunha iniciativa que busca dar visibilidade á ampla oferta deportiva que Boiro ofrece...
Titiriberia arrinca en Rianxo este mes de xullo a súa 11ª edición con dúas exposicións sobre Tanxarina e Trécola
O Titiriberia: Festival de Títeres Tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebrará en Rianxo este verán a súa undécima edición. A programación de espectáculos...
A XII Carreira pola Diversidade de Ambar reúne en Ribeira a 415 participantes e recada 9.500 euros
A explanada de Coroso acolleu unha xornada inclusiva marcada polo éxito da nova proba lúdica e o forte apoio social ao proxecto de vivendas inclusivas da entidade. A solidariedade, o deporte e a inclusión volveron darse a man este domingo, 12 de xullo, na celebración...
A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira
Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...
Unha forte tormenta eléctrica en Galicia deixa miles de raios e obriga a suspender temporalmente en Santiago o festival O Gozo Fest
Unha forte tormenta eléctrica e de saraiba en Galicia provocou a activación da alerta laranxa por choivas, concentrándose a maior actividade no sur da Coruña e o norte de Pontevedra, aínda que tamén afectou a Lugo. MeteoGalicia rexistrou máis de 1.700 raios terra en...
O Concello de Ribeira, beneficiario dunha subvención para a mellora dos vestiarios do Campo de Fútbol de Aguiño
O Concello de Ribeira resultou beneficiario dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental para a mellora da envolvente dos vestiarios do Campo de Fútbol de Aguiño (Campo da Tasca). O orzamento total do proxecto sitúase nos 56.507’81 euros, dos cales a Xunta de...
Portos e o Concello de Noia renovarán a pasarela do paseo marítimo, pechada por razóns de seguridade
Portos de Galicia e o Concello de Noia impulsarán unha actuación que permita recuperar a conexión peonil da pasarela do paseo marítimo da localidade. Como primeira medida, e por razóns de seguridade, ambas administracións colaborarán no peche temporal da...
A presidenta de Portos de galicia aborda co Concello e a Confraría as necesidades dos peiraos do municipio
A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, visitou est sábado 11 de xullo o porto de Ribeira coa alcaldesa do municipio, María Sampedro, e o patrón maior da localidade, José Antonio Pérez Sieira, para afondar nas prioridades de actuación do ente público no...
A praia de Cabío converteuse nunha aula ambiental
A praia coñecida como Cabío acolleu este venres 10 de xullo unha actividade ambiental organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal dentro da programación vinculada á Bandeira Azul deste areal. Desenvolvida pola asociación de educación ambiental Amabul, a Xincana...
O campo vello de Cruído acolle este sábado o V BoloFest, con entrada solidaria a favor da Cruz Vermella
Todo listo en Lousame para acoller a quinta edición do BoloFest, que terá lugar mañá sábado 11 de xullo no campo vello de fútbol de Cruído. Un evento organizado polo Concello de Lousame, Artgallar e a Asociación de Veciños de Cruído. O recinto abrirá as súas portas ás...
Cabo de Cruz celebra do 15 ao 17 de xullo as Festas do Carme
O Concello de Boiro colabora coa Comisión das Festas do Carme de Cabo de Cruz no desenvolvemento das Festas do Carme 2026 que se celebran do 15 ao 17 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, participou este venres 10 de xullo na presentación da programación xunto co...
O Concello do Son finaliza a obra de renovación da pavimentación e servizos da rúa do Cruceiro
O Concello de Porto do Son finalizou recentemente a obra de renovación da pavimentación e servizos da rúa do Cruceiro, unha intervención executada nos últimos meses ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo, IGVS, que contou cun...
Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC
O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...
Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar
Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...
Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...
O “Pasaporte do Bo Rianxeiro” supera os 4.000 documentos repartidos a unha semana do seu remate
A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) fixo un balance da actividade xerada pola súa campaña Pasaporte do Bo Rianxeiro, a unha semana de que remate a iniciativa. Segundo informou a ARE, os primeiros datos permiten facer “un balance moi positivo desta iniciativa de...
A pobrense Raquel Sendón toma posesión como decana de Farmacia
Raquel Sendón toma posesión como decana de Farmacia co propósito de “seguir contribuíndo ao progreso e o coidado da sociedade” A nova decana asume o cargo nun momento clave, marcado polo inicio das obras do novo edificio do centro e as vésperas do seu 170º...
Froxán estrea brigada de “bestas bombeiras” para favorecer a restauración ecolóxica dos montes e a prevención de incendios
A Fundación Montescola deu este xoves 9 de xullo un novo paso para a restauración ecolóxica e a prevención de incendios coa solta dos tres primeiros cabalos en liberdade do proxecto A volta das bestas no Monte Veciñal en Man Común de Froxán, no concello de Lousame....
Unha marea violeta percorrerá Ribeira no 28 de agosto para sensibilizar sobre o alzhéimer
A solidariedade volve tomar forma de andaina coa décima edición de Os Camiños da Memoria que promove AGADEA Alzhéimer e o Concello de Ribeira, coa colaboración do Club Sachacamiños, e que se desenvolverá no venres, 28 de agosto, a partir das 20.00 horas, con saída...
Miguel Corgos lembra dende a Aula CeMIT de Ribeira que o 37,6% dos galegos contan xa con competencias dixitais avanzadas
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou a Aula CeMiT de Ribeira este xoves 9 de xullo. Alí destacou a aposta da Xunta pola “capacitación dixital para reducir fendas e contribuír a unha sociedade máis preparada para afrontar os retos...
Rianxo volverá abrir a convocatoria de axudas para impulsar a posta en marcha de novas empresas
O Concello de Rianxo anunciou que en datas vindeiras volverá abrir a convocatoria das axudas para impulsar a implantación de novas empresas e comercios no municipio. Trátase dunha liña de axudas á que poderán acceder as persoas que escolleron Rianxo para botar a andar...
Rianxo reducirá en 100.000 euros o gasto anual na factura da luz
O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde Julián Bustelo, anunciou que vai licitar o contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais, unha actuación que segundo indicou o rexedor “permitirá reducir en aproximadamente 100.000 euros o...
A Policía Local de Rianxo incorpora catro axentes auxiliares este verán
O Concello de Rianxo recibiu ás catro axentes auxiliares de Policía Local (tres mulleres e un home) que serán incorporadas durante o presente verán. En concreto, foron recibidos polo alcalde Julián Bustelo, e polo tenente de alcalde Julio Alcalde. Os catro axentes...
Máis dunha trintena de obras integran a exposición “Retrospectiva” de Eduardo Hermo (no Lustres Rivas de Ribeira)
A exposición Retrospectiva, de Eduardo Hermo, pode visitarse ata o 27 de xullo, no Centro Cultural Lustres Rivas, ao abeiro da programación da Fiestra da Cultura que promove o Concello de Ribeira. Máis dunha trintena de obras, principalmente óleos e acrílicos,...
A rapazada de Aguiño xa pode desfrutar do parque da rúa Castelao
A parroquia de Aguiño xa conta cun renovado parque infantil na rúa Castelao co que se da resposta ás necesidades actuais da rapazada, segundo confirmou o Concello de Ribeira. Este espazo de ocio infantil abriuse na tarde deste martes 7 de xullo. Na reinauguración...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla
Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...
“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena
Carreira pasou de ser un destino a un lugar de paso. Fai unhas cantas décadas, a parroquia de maior extensión e con máis antigüidade do municipio de Ribeira, era un pobo bulicioso e con gran actividade comercial e social. Un centro de lecer e diversión para persoas...
“Santiago de Compostela: O espertar cultural dunha xeración e o reto de habitar as aulas (e as rúas)” – Luis Pérez Crujeiras
Co inicio das xornadas #BenVidaUSC, a Universidade de Santiago reafirma o seu papel como o gran motor intelectual de Galicia. É hora de que o novo estudantado asuma o reto: integrarse, culturizarse e vivir Compostela máis alá da fin de semana. Setembro chegou a...
“Balea a babor!. Preparen arpón!”. Antón Luaces
O polbo váise de Galicia cara Inglaterra, sen que polo de agora exista unha explicación axustada ao por que desta imprevisible marcha. Máis o certo é que, sexa polo que sexa, o polbo -un dos máis prezados recursos pesqueiros de Galicia, nomeadamente da ría de Arousa-...
“Non queren o distinto: talvez é medo á perda de identidade” – Antón Luaces
Medra, e de que maneira, a actividade represiva dos grupos e partidos "ultra" que evidencia que aínda que morreran Joseph Goebbels, Adolf Hitler, Benito Mussolini e Francisco Franco, a doutrina destes - nazismo, franquismo, fascismo e tódolos "ismos" que se queiran...



























