Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

10 Xullo 2026

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, “nunca é tarde para seguir aprendendo e isto constátase co éxito que acada curso tras curso o IV Ciclo, sendo Ribeira sede externa da Universidade de Santiago de Compostela. Chega ao noso municipio un novo ano académico con materias de actualidade, onde se aprenderán coñecementos moi valiosos para aplicar no día a día”.

Para o curso académico 2026-2027 amplíase a oferta académica con novas materias a impartir nas tardes de luns a xoves, no Centro Cultural Lustres Rivas. No primeiro cuadrimestre contarase con Actividade económica e empresa, da man de Eva López Barrio; Historia do Pensamento, con Marcelino Agís; e Literatura Galega, a cargo de Elisa Nieves Barreiro e Iago Casas Neo. No que respecta ao segundo cuadrimestre, o alumnado asistirá a Historia da arte de
Galicia
, con Mónica Rey Cabezudo; Nutrición, da man de Aida Carballo Fazanes; e Patrimonio bibliográfico e documental, a cargo de Xosé Manuel Sánchez Sánchez.

As materias complementarias serán Dentro da literatura. A literatura dende dentro, con Ánxela Gracián, no primeiro cuadrimestre; mentres que no segundo haberá Moda Contemporánea, da man de Mónica Rey Cabezudo, e Introdución a IA na comunicación, a cargo de José Miguel Túñez López, César Fieiras Ceide e Martín Vaz Álvarez.

A única condición para acceder a estes estudos é ter máis de 50 anos, independentemente da formación académica previa.

Para a obtención do título de diplomado Sénior en IV Ciclo é necesario superar catro cursos, nos cales se deben completar os 60 créditos da titulación. En cada curso haberá que superar un mínimo de cinco materias optativas, das consideradas materias permanentes no plano de estudos, e tamén poderán cursarse ata tres créditos mediante actividades complementarias recoñecidas. As persoas diplomados Sénior en IV Ciclo poderán optar á obtención do Diploma Excelsior en IV Ciclo.

Trámite da matrícula

As persoas que por primeira vez soliciten a matrícula no IV Ciclo da USC poden facelo ata o 24 de xullo, de luns a venres, dende as 08.00 ata as 14.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.

Máis información no teléfono de contacto 881 814 588, no enderezo electrónico ivciclo@usc.es ou na web da USC.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.