O Concello do Son finaliza a obra de renovación da pavimentación e servizos da rúa do Cruceiro

10 Xullo 2026

O Concello de Porto do Son finalizou recentemente a obra de renovación da pavimentación e servizos da rúa do Cruceiro, unha intervención executada nos últimos meses ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo, IGVS, que contou cun investimento total de 77.715,25 euros.

Ademais da renovación do pavimento, melloráronse as infraestruturas de saneamento e drenaxe nunha actuación que tivo como obxectivo principal modernizar un espazo co firme en deteriorado e diversas deficiencias na rede de evacuación de auga.

Segundo confirmaron dende o Concello, “as obras optimizaron a seguridade, a accesibilidade e a funcionalidade da rúa cun novo firme de formigón, unha solución máis resistente, uniforme e axeitada para soportar o tránsito peonil e rodado”.

En paralelo, realizáronse as intervencións integrais nas infraestruturas soterradas, tanto na rede de saneamento, que foi reconvertida nunha rede separativa que permite unha xestión máis eficiente das augas residuais e pluviais, e a instalación de canaletas de drenaxe en puntos críticos da calzada. Evítanse así acumulacións de auga en episodios de choiva intensa.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, sinala o “relevante unha intervención integral”, xa que non só “é unha mellora estética, é unha optimización dos servizos públicos e tamén permitirá incrementar a seguridade peonil e viaria na contorna”, subliñou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.