Rianxo reducirá en 100.000 euros o gasto anual na factura da luz

09 Xullo 2026

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde Julián Bustelo, anunciou que vai licitar o contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais, unha actuación que segundo indicou o rexedor “permitirá reducir en aproximadamente 100.000 euros o gasto anual na factura da luz”. Esta iniciativa posibilitará regularizar a situación do servizo e, en palabras de Bustelo, “súmase ao labor que se vén executando nestes últimos tres anos e grazas á cal hoxe xa pagamos uns 200.000€ anuais menos que no 2023”.

O novo contrato tramitarase a través do Acordo Marco da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Terá unha duración inicial dun ano e un custo de 514.821,65 euros (IVE incluído).

Con este novo contrato, o Concello de Rianxo reforza a súa aposta por unha xestión eficiente e responsábel dos recursos económicos “combinando seguridade xurídica, transparencia nos procesos de contratación e aforro económico”, engadiu o alcalde.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.