A Policía Local de Rianxo incorpora catro axentes auxiliares este verán

09 Xullo 2026

O Concello de Rianxo recibiu ás catro axentes auxiliares de Policía Local (tres mulleres e un home) que serán incorporadas durante o presente verán. En concreto, foron recibidos polo alcalde Julián Bustelo, e polo tenente de alcalde Julio Alcalde.

Os catro axentes súmanse ao actual cadro da Policía Local de Rianxo co obxectivo de reforzar o servizo nos meses de verán, “uns meses de maior actividade, de intensa labor de vixilancia dos nosos monte e de maior número de dispositivos especiais con motivo de festexos e actividades lúdicas que se desenvolven en todas as parroquias”, sinalou o alcalde.

O proceso de incorporación realizouse de xeito unificado a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) xunto con outros concellos.

Lembrar que estas incorporacións en Rianxo súmanse a un reforzamento da dotación local da Garda Civil que se vai materializar con dúas grandes novidades: cubríndose a praza de sarxento e incrementando o equipo de axentes con catro novos efectivos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.