O Goberno incrementa as dotacións de Garda Civil na Pobra e en Rianxo

24 Xuño 2026

O Goberno está a reorganizar a presenza da Garda Civil nos concellos do Barbanza. Farao incrementando as dotacións da Pobra do Caramiñal e Rianxo.

Na primeira das vilas habilitará un posto principal cunha ducia de efectivos, incluíndo un sarxento e un cabo. Este proceso de incremento de persoal enmárcase na transformación do Posto Auxiliar da vila en Posto Ordinario, unha iniciativa anunciada os días pasados polo subdelegado do Goberno, Julio Abalde. Esta disposición, que será efectiva a partir de xaneiro, permitirá incrementar de maneira progresiva a dotación de persoal até acadar os 12 gardas civís, fronte aos tres actuais, cun sarxento/sarxento 1º como comandante de posto; un cabo 1º/cabo como segundo comandante de posto e 10 gardas civís. 

En Rianxo reforzará o destacamento con dúas importantes novidades: cubríndose a praza de sarxento e incrementando o equipo de axentes con catro novos efectivos. O alcalde Julián Bustelo acolleu a nova como “unha gran noticia que recibo con satisfacción e agradecemento; de feito vimos insistindo nestes últimos meses na necesidade de aumentar os efectivos do posto da Garda Civil de Rianxo”. Tanto na Pobra como en Rianxo aproveitarase a colaboración coa Policía Local para facilita “unha resposta máis áxil e efectiva as necesidades de seguridade cidadá que poidan xurdir”.

Oficina da Guarda Civil na Pobra durante unha visita recente do subdelegado do Goberno, Julio Abalde

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.