A praia de Cabío converteuse nunha aula ambiental

10 Xullo 2026

A praia coñecida como Cabío acolleu este venres 10 de xullo unha actividade ambiental organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal dentro da programación vinculada á Bandeira Azul deste areal.

Desenvolvida pola asociación de educación ambiental Amabul, a Xincana Protéxeme estivo dirixida á rapazada que se atopaba na praia. As persoas participantes aprenderon sobre distintos elementos que se poden atopar no areal.

Esta iniciativa enmárcase no programa de actividades da Bandeira Azul co obxectivo de fomentar a educación ambiental e sensibilizar sobre a xestión dos residuos sólidos urbanos e a súa incidencia nos ecosistemas mariños.

A organización correu a cargo das concellarías de Turismo e de Medio Ambiente do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.