COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25 Novembro 2026

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) puxo en marcha un proxecto de inclusión laboral, centrado en reducir a fenda dixital e fomentar a inserción profesional de preto de 280 persoas, con especial atención ao rural galego. O proxecto, cun custo que ascende a 18.000 euros, está financiado por BBVA.

O sonense Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, recibiu onte na sede da entidade en Santiago de Compostela a Begoña Cuetos, directora de Banca de Empresas e Institucións da Rexional Noroeste de BBVA, e presentoulle os avances do Programa de Mellora da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade, unha iniciativa que contempla 37 obradoiros de empregabilidade, dirixidos a persoas de entre 18 e 65 anos, con especial foco nas competencias dixitais, que son, en palabras de Queiruga, “claves para facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade, particularmente no rural galego, onde existen maiores dificultades estruturais para acceder a recursos e oportunidades laborais”.

“Para BBVA é un orgullo colaborar con entidades que levan tantos anos de traxectoria como COGAMI, cuxo traballo diario transforma realidades. Cremos firmemente que a capacitación tecnolóxica e o impulso ao emprego son pancas clave para reducir desigualdades e construír unha sociedade máis inclusiva, especialmente nas contornas rurais de Galicia”, sinalou Begoña Cuetos.

Pola súa banda, o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, expresou “agradecemos o compromiso e a implicación de BBVA co labor do servizo de Emprego de COGAMI. Esta colaboración permite que as persoas con discapacidade que viven no rural adquiran competencias dixitais, reduzan a fenda dixital e conten coas mesmas oportunidades á hora de acceder ao mercado laboral”.

Capacitación dixital e ferramentas prácticas para o emprego

O plan de traballo contempla a realización de 30 obradoiros grupais de empregabilidade e 7 obradoiros especializados en competencias dixitais básicas, deseñados para romper a fenda dixital e dotar ás persoas asistentes de ferramentas clave para o mercado laboral actual. Entre as materiais impartidas destacan a elaboración de currículum vítae adaptado, a optimización de perfís en plataformas profesionais como LinkedIn, o reforzo das chamadas soft skills e a preparación de procesos de selección mediante simulacros de entrevistas e dinámicas de grupo.

O programa prevé alcanzar entre 260 y 280 persoas participantes, das que máis do 70 % mellorará substancialmente as súas competencias dixitais e polo menos 80 accederán de forma directa a procesos reais de selección e entrevistas de traballo durante ou trala finalización do proxecto.

Outros artigos

Gonzalo Cordeiro presenta na Pobra a novela La lluvia, el olvido

A literatura foi protagonista este venres 20 de novembro na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro La lluvia, el olvido, do veciño da vila Gonzalo Cordeiro, músico e guionista. A cita foi no auditorio da Biblioteca Municipal e nel participaron o autor da obra, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...