Gonzalo Cordeiro presenta na Pobra a novela La lluvia, el olvido

25 Novembro 2026

A literatura foi protagonista este venres 20 de novembro na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro La lluvia, el olvido, do veciño da vila Gonzalo Cordeiro, músico e guionista. A cita foi no auditorio da Biblioteca Municipal e nel participaron o autor da obra, e Patricia Lojo Nine, concelleira de Cultura.

A presentación de La lluvia, el olvido, editada por Adarve (na colección de Biblioteca de Narrativa Breve, figurando Cordeiro co pseudónimo de K. Chelo), contou tamén coa actuación da Escola de Música da Pobra, que puxo a nota musical a unha xornada que rematou coa sinatura de libros por parte do autor.

Sinopse

“Un home de mediana idade aparece nun parque cun ataque de amnesia. Non lembra quen é nin onde vive nin leva encima ningún tipo de documentación”. Así nos presenta o seu autor esta descarnada historia acerca dun home que perde os seus recordos e, con eles, o vínculo que lle une ao mundo, debendo enfrontarse só á cidade, á indiferenza dos seus actores, á desidia das administracións, á choiva, ao esquecemento. As situacións que se van desencadeando conducen, non sen suspense, ao seu irremediábel final.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...