Portos e o Concello de Noia renovarán a pasarela do paseo marítimo, pechada por razóns de seguridade

11 Xullo 2026

Portos de Galicia e o Concello de Noia impulsarán unha actuación que permita recuperar a conexión peonil da pasarela do paseo marítimo da localidade. Como primeira medida, e por razóns de seguridade, ambas administracións colaborarán no peche temporal da infraestrutura, tras o informes técnicos realizados. Así o acordaron a presidenta do ente público, Natalia Botana, e o alcalde noiés Francisco Pérez, nunha reunión na sede do organismo autonómico.

No encontro, abordaron o estado desta infraestrutura pola que transitan diariamente veciños e visitantes da vila noiesa, e que, segundo lembraron, “pon en risco a seguridade dos peóns”. Ante esta situación ambas Administracións encargaron informes técnicos para precisar a gravidade, concluíndo a necesidade do peche ata que poida executarse a actuación correspondente. Deste xeito, o Concello procederá a un primeiro balizamento hoxe mesmo que será reforzado nos vindeiros días por Portos de Galicia.

Ademais da medida urxente de peche, Natalia Botana e o rexedor local acordaron iniciar a tramitación dun convenio de colaboración que permita desenvolver, nos próximos meses e con financiación de ambas administracións, a actuación necesaria para recuperar este ámbito do paseo marítimo e restablecer a conexión peonil nas mellores condicións de seguridade. Xunta e Concello tramitarán coa maior celeridade posible este convenio para poder executar canto antes as obras que permitan reabrir a pasarela ao tránsito peonil.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.