A XII Carreira pola Diversidade de Ambar reúne en Ribeira a 415 participantes e recada 9.500 euros

12 Xullo 2026

A explanada de Coroso acolleu unha xornada inclusiva marcada polo éxito da nova proba lúdica e o forte apoio social ao proxecto de vivendas inclusivas da entidade.

A solidariedade, o deporte e a inclusión volveron darse a man este domingo, 12 de xullo, na celebración da doceava edición da Carreira pola Diversidade, a emblemática cita solidaria organizada pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. O evento saldouse cun gran éxito social ao acadar os 415 inscritos en total e lograr unha recadación de arredor de 9.500 euros.

Estes fondos destinaranse integramente ao proxecto da entidade ‘Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade’, que busca mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Unha proba lúdica chea de sorpresas e cor

A gran novidade desta anualidade foi a introdución dunha Proba Lúdica de 2,5 quilómetros sen a presión do cronómetro. Deseñada como unha andaina para gozar en familia, de xeito accesible ou coas mascotas, logrou atraer a 243 persoas. Ao longo do traxecto, os participantes desfrutaron de divertidas estacións con baños de escuma, rodillos secantes, chorros de auga e sopradores de aire, culminando cun photocall interactivo con recordo impreso.

Ademais, ao remate, todos os menores de 16 anos recibiron medallas e unha cometa doada pola empresa Dismac. O vento de última hora da xornada permitiu que as cometas alzasen o voo, enchendo de cor o ceo de Coroso.

Pola súa banda, a carreira absoluta contou con 172 corredores e contemplou categorías plenamente inclusivas como cadeira de atletismo, handbike e zapatilla inclusiva. A xornada pechouse cun pincho solidario no Bar El Paseo, amenizado pola música do grupo The Cuncas.

Respaldo institucional e empresarial

A entrega de premios contou cunha ampla representación social. Por parte do Concello de Ribeira asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal —quen felicitou a Ambar pola organización e o seu labor de sensibilización—, e o concelleiro de Auga e Saneamento, Vicente Reiríz.

En representación de Ambar estiveron a súa presidenta, Milagros Rey, a secretaria Alicia Romero, e os directivos Juan Carlos Rial e José Manuel de la Iglesia. Tampoco faltaron representantes de firmas colaboradoras como Isabel Cañas (Congalsa), Manuel López (Motor Boiro), Lucía Outeiral (Autos Outeiral) e o avogado Pablo Ferreirós.

“A Carreira pola Diversidade é moito máis ca un evento deportivo: é unha demostración do compromiso da sociedade coa inclusión. Cada inscrición axúdanos a seguir construíndo oportunidades”, destacou Milagros Rey, agradecendo o apoio unánime de participantes, voluntarios e patrocinadores.

Cadro de Honra da XII Carreira pola Diversidade

A continuación detállanse os principais podios das categorías competitivas e inclusivas:

A xornada rematou cun pincho solidario no Bar El Paseo, que foi amenizado polo grupo musical The Cuncas.

Zapatilla inclusiva masculina

  1. Javier García del Río
  2. Moisés Calvo Viturro
  3. Ramón Héctor Vidal Silva
    Zapatilla inclusiva femenina
  4. Paula Ramallo Ozores
    Cadeira Masculina
  5. José Manuel De La Iglesia Martínez

Sub 18 Masculino

  1. Jesús Patiño Ríos
  2. Alex Carrasco García
  3. Diego Souto Paz

Senior Maculino

  1. Alberto Garcío Gaciño
  2. Jeyden Martís Sampedro
  3. Jorge Sieira Hermida
    Senior Femenina
  4. Marta Muñiz Rama
  5. Elisabeth Sieira PEgo
  6. Sara González Silva
    Master 1 – Masculino
  7. Alberto Riveiro Lampón
  8. Xabi Agraso Alonso
  9. Míchel Fernández García


Master 1 – Feminino

  1. Sara Crugeiras Sampedro
  2. Silvia Castro Gómez
  3. Isaura Laíño Silva

Master 2 – Masculino

  1. Sindo González Castro
  2. Juan Francisco Fernández Lijó
  3. Israel Benítez Somoza
    Master 2 – Femenino
  4. Sabela Pensado Parada
  5. Olalla Saborido Gil
  6. Ma Teresa Cimadevilla Crugeiras

Master 3 – Masculino

  1. Luis Parada García
  2. Ramón Folgar Pouso
  3. Manuel Lorenzo Queiruga
    Master 3 – Femenino
  4. Montserrat Fernández de Sanmamed Sampedro
  5. María Piñeiro Rodríguez

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.