Miguel Corgos lembra dende a Aula CeMIT de Ribeira que o 37,6% dos galegos contan xa con competencias dixitais avanzadas

09 Xullo 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou a Aula CeMiT de Ribeira este xoves 9 de xullo. Alí destacou a aposta da Xunta pola “capacitación dixital para reducir fendas e contribuír a unha sociedade máis preparada para afrontar os retos neste eido”. Amais, subliñou que a modernización tecnolóxica debe ir sempre acompañada de capacitación, “para que as persoas poidan utilizala con confianza, seguridade e responsabilidade”.

Sobre este punto, subliñou que esa aposta pola capacitación dixital da cidadanía e o traballo desenvolvido, empeza a dar os seus froitos. Así, na actualidade, o 37,6 % da poboación galega de entre 16 e 74 anos conta xa con competencias dixitais avanzadas, o que supón que máis dun terzo da cidadanía acadou o nivel máis alto neste eido.

Corgos recordou tamén que a porcentaxe de galegos con este nivel de coñecementos e habilidade “medrou máis dun 4 % no último ano, situándose Galicia por riba da media europea en varios ámbitos da capacitación dixital como a comunicación, información, resolución de problemas e seguridade”.

Tamén resaltou que en 2025 a Administración galega emitiu máis de 42.400 certificados de capacitación dixital e destacou o éxito de iniciativas de formación e dinamización como a que se está a impartir nesta aula de Ribeira (Finanzas para todos), un curso que, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e en colaboración co Banco de España, aborda cuestións prácticas como a saúde financeira persoal, o impacto da inflación, o uso de contas e medios de pago, as hipotecas, o diñeiro en efectivo e as ferramentas do Banco de España e a protección fronte aos riscos dixitais.

Miguel Corgos concluíu agradecendo a colaboración do Banco de España e a implicación do persoal encargado da formación, “porque unha cidadanía máis formada, dixo, é tamén unha cidadanía máis libre, máis segura e mellor preparada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.