Máis dunha trintena de obras integran a exposición “Retrospectiva” de Eduardo Hermo (no Lustres Rivas de Ribeira)

08 Xullo 2026

A exposición Retrospectiva, de Eduardo Hermo, pode visitarse ata o 27 de xullo, no Centro Cultural Lustres Rivas, ao abeiro da programación da Fiestra da Cultura que promove o Concello de Ribeira.

Máis dunha trintena de obras, principalmente óleos e acrílicos, conforman esta mostra que repasa as tres décadas de traxectoria do creador no mundo da arte, atopándose o público con bodegóns, paisaxes ou retratos, todos eles con certas pegadas autobiográficas.

Durante o acto inaugural celebrado na tarde deste mércores 8 de xullo, a concelleira da Cultura, Ana Barreiro, acompañou ao artista, de quen destacou a súa faceta como autodidacta, se ben asistiu a obradoiros e cursos: “Creo que todos os que estamos aquí podemos afirmar que a súa aprendizaxe resultou moi frutífera sobre como plasmar a realidade e as ideas nun lenzo. Aquí denótase aprendizaxe, si, pero tamén talento e un gran gusto pola arte”.

A edil tamén ratificou o compromiso da Administración local por “potenciar a cultura en tódalas súas formas e de seguir traballando para que o Centro Cultural Lustres Rivas se consolide como unha sala referente para a difusión da obra de creadores consagrados e noveis, de quen de dedica á arte profesionalmente ou como afección. Isto fai que este centro goce de gran vitalidade polas numerosas mostras que acubilla, o cal contribúe en boa medida á dinamización da vida cultural de Ribeira”.

Esta mostra pode visitarse de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, así como os sábados, de 12.00 a 14.00 horas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.