Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

10 Xullo 2026


Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha “experiencia transformadora”. Ambar introduce a Proba Lúdica (2,5 km), deseñada para aqueles que desexen gozar do percorrido camiñando, en familia ou coas súas mascotas, sen a presión do cronómetro pero con numerosas sorpresas e actividades durante o traxecto.

As modalidades de participación son:

Modalidade Absoluta Mixta (5 km): Sub-18, Senior e categorías Máster (1, 2 e 3).

Modalidade Inclusiva (5 km): Zapatilla Inclusiva (diversidade intelectual, sensorial ou motriz), Handbike e Cadeira de atletismo.

Modalidade Lúdica (2,5 km): Aberta a todas as idades e con opción de acudir con mascotas, contén actividades divertidas para desfrute de grandes e pequenos.

A programación da xornada é a seguinte:

9:00-9:45 recollida de dorsais carreira.

9:00-10:45 recollida dorsais proba lúdica.

10:00h comezo da carreira absoluta.

11:00h comezo da proba lúdica.

12:00h entrega de trofeos.

12:30h Pincho solidario no Bar Paseo co concerto de The Cuncas.

Este ano, toda a recadación destinarase ao proxecto Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade. Esta iniciativa busca rehabilitar as antigas casas dos mestres en Praia Xardín (Boiro) para crear aloxamentos permanentes, temporais e de transición. Cun investimento próximo ao millón de euros, o obxectivo é que as persoas con diversidade poidan desenvolver a súa autonomía e escoller como queren vivir.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.