“Balea a babor!. Preparen arpón!”. Antón Luaces

07 Setembro 2026

O polbo váise de Galicia cara Inglaterra, sen que polo de agora exista unha explicación axustada ao por que desta imprevisible marcha. Máis o certo é que, sexa polo que sexa, o polbo -un dos máis prezados recursos pesqueiros de Galicia, nomeadamente da ría de Arousa- desaparece coma obxectivo e a pesca de baixura sofre un descalabro evidente, que se pon de manifesto ás claras na lonxa de Ribeira. 

Este feito trae á memoria que no ano 1985 se producía en augas galegas a derradeira caza dunha balea. Esta foi destinada á factoría de Caneliñas, unha das únicas tres que, daquela, se mantiñan activas no territorio da comunidade autónoma galega. 

A factoría de Caneliñas foi a maior planta de procesamento de baleas da Península Ibérica, a de maior duración de España e a última en fechar de toda Europa. Traballou arreo durante máis de 80 anos. Foi a máis grande das existentes en Europa e, aínda hoxe, unha das mellor conservadas. Trátase dun conxunto de edificios en ruínas que ocupan unha extensión de terreo dunhas tres hectáreas. Das tres galegas, a de Caneliñas  mantivo a activdade por máis tempo. Outra factoría foi a instalada en Cangas do Morrazo (Ría de Vigo), que funcionou durante 35 anos. E a última en ser creada foi a factoría situada no porto de Morás, preto de San Cibrao; traballou ata o ani 1975, cando os terreos que ocupaba foron utilizados pola fábrica de Alúmjna de Alcoa, entre as dúas vellas factorías que perviven en Galicia ujnha absoluta desprotección, suxeitas á deterioración e vandalismo, e lumes denunciados polo investigador e biólogo Álex Aguiar,

Os,portos de Cariño e Malpica teñen tamén a súa historia baleeira, por un tipo de capturas que se remonta ao século XIII. O obxectivo principal desta caza da balea era conseguir aceite e

carne, o primeiro de alto valor por canto se empregaba para elaborar xabrón. Sobre todo no período do século XIII ao XIV. Un produto, o xabrón, que non se empregaba para a hixiene humana, senón na función de desengraxe da lá, ata que no século XIX  ese aceite comezou a ser usado na iluminación porque era máis barato de producir. No século XX, especialmente a partir de 1950, aparecen os sistemas de conxelado, se ben non se despreza a carne de balea.motivo polo que perdura a súa caza.

Dada a inexistencia de medios de conservación, no pasado non era posible o transporte de carne de balea a grandes distancias. Esta carne comíase onde se capturaban as baleas. Obviamente, ata que apareceu o xeo.

Os cetáceos máis perseguidos en augas de Galicia foron a balea franca (a primeira), que non afundía cando morría debido a que aboiaba pola cantidade de graxa acumulada; a segunda foi o rorcual común, abundante en Galicia; e a terceira, k cachgalite, cuxo principal alimento son o peixe e as luras.

No século XIII pescábase desde botes a remo con arpóns. A partir do XIX, ckn barfci a vapor e canóns lanza-arpóns.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.