“Non queren o distinto: talvez é medo á perda de identidade” – Antón Luaces

05 Setembro 2026

Medra, e de que maneira, a actividade represiva dos grupos e partidos “ultra” que evidencia que aínda que morreran Joseph Goebbels, Adolf Hitler, Benito Mussolini e Francisco Franco, a doutrina destes – nazismo, franquismo, fascismo e tódolos “ismos” que se queiran engadir- segue viva, continúan vivos, convertidos en agresores contra todo o que poida representar “ser distinto”. Desde un grupo de cantareiras a uns migrantes. En terras de migración.

Desta vez, empregando como xustificación a “invasión” de Ceuta, os teoricamente menos prexudicados na España franquista polas esquerdas – nomeadamente xoves e maiores (relativos) que pola súa aparente idade só coñeceron de lonxe o franquismo e os seus efectos- cargaron desaforadamente contra reporteiros de TVE e la Sexta polas informacións que ambas cadeas de televisión ofrecen cando tratan da actividade política española. Proliferaron os insultos especialmente en Madrid onde, amais, varios xornalistas dos citados medios chegaron a ser agredidos diante da Policía Nacional, que se limitou a, simplemente, separar a algúns agresores. Sen máis. 

Co doado que resulta cambiar de sintonía cando na televisión hai algo que non nos agrada!. Mais o sorprendente foi comprobar como homes e mulleres atacaban covardemente aos reporteiros e, de xeito especial, ás reporteiras (insultos que en moitos casos partían de mulleres que, polo que aparentaban, non baixaban dos 50 anos) e que se  dirixían ás xornalistas cualificándoas de rameras ao tempo que cantaban o “Cara ao sol”, aprendido após a morte de Franco. Outro tanto acontecía con homes cuxa idade seguramente roldaría os 70-80 anos. 

E por se fose pouco o sinalado, algo semellante ocorreu na Praza Maior de Palencia, onde “Tanxugueiras”, o grupo galego aplaudido polos televidentes españois nas súas distintas actuacións, foron increpadas por un grupo de manifestantes a prol de Ceuta, obrigándoas a retrasar a súa intervención case unha hora. Eran galegas, non “españolas”. Que cousas!.

Que é o que motiva esta especie de explosións verbais e físicas protagonizadas inicialmente por “ultras” que non deben ter outra cousa que facer?. 

Disque é a polarización. Disque.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.