“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

07 Setembro 2026

Carreira pasou de ser un destino a un lugar de paso. Fai unhas cantas décadas, a parroquia de maior extensión e con máis antigüidade do municipio de Ribeira, era un pobo bulicioso e con gran actividade comercial e social. Un centro de lecer e diversión para persoas chegadas doutros pobos próximos, mesmo dos municipios da Pobra, Boiro e Porto do Son.

A calquera hora do día a xente transitaba dun lugar a outro da parroquia para cumprir cos seus labores agrícolas ou faenas de pesca. Chamaba poderosamente a atención que a porta principal de entrada ás vivendas estaba sempre aberta como convidando o veciño ou forasteiro a compartir confidencias ou simplemente para prestar a axuda necesaria, sen necesidade de chamar.

Os veciños, principalmente as mulleres, desde primeiras horas das tardes estivais sentaban á sombra, xunto a entrada das súas vivendas, para charlar e dar conversación aos que pasaban pola rúa. O tempo parecía deterse neses momentos perpetuando a amizade e a felicidade entre esas xentes solidarias e traballadoras.

Para os carreiráns de nacemento, que soubemos gozar da infancia e a mocidade, levaremos sempre ao noso pobo no corazón. Os bos momentos asolagan os recordos e conscientes de que moitas persoas queridas xa non poden estar connosco sabemos que nos quedan como legado a súa gratitude, a súa humildade, a súa honradez e os seus bos consellos para facer fronte, con ilusión e valentía, aos novos tempos onde predominan o interese por encima da amizade e a soberbia substitúe á humildade e destrúe a humanidade.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.