“Sociedade actual” – José Manuel Pena

10 Setembro 2026

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias económicas, a miseria e a vulnerabilidade de moitas persoas que non teñen a forza suficiente para enfrontarse a eses atropelos sistemáticos.

Os migrantes, que se chegan en patera, en busca dunha vida mellor, son uns inimigos da patria; se atopan un traballo axeitado e ben remunerado incorren en competencia cos nativos do lugar; se os seus fillos poden chegar á Universidade, son uns aproveitados do sistema; se acoden á sanidade pública aprovéitanse da sociedade do benestar. En definitiva, para algunha xentuza os seus únicos dereitos son a escravitude e a miseria.

Os vulnerables, para algúns deses trepas e insolidarios, non terían dereito nin a percibir o Salario Mínimo Interprofesional, nin o Ingreso Mínimo Vital, nin ás Pensións Non Contributivas, nin ao Subsidio por Desemprego, nin ao Bono Social ao Alugueiro, nin ao Bono Eléctrico, en definitiva a ningunha axuda ou prestación pública. Agora si, eles con total liberdade e impunidade poden especular coa vivenda, levarse o diñeiro ao estranxeiro, crear sociedades opacas (offshore), explotar aos traballadores, abusar das mulleres vulnerables… .

          

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.