O Concello de Rianxo anunciou que en datas vindeiras volverá abrir a convocatoria das axudas para impulsar a implantación de novas empresas e comercios no municipio.
Trátase dunha liña de axudas á que poderán acceder as persoas que escolleron Rianxo para botar a andar o seu proxecto empresarial durante o ano 2026, segundo confirmou Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, engadindo que esta iniciativa “busca seguir creando emprego e favorecer a apertura de novos establecementos comerciais”.
Súmase ademais á liña de axudas posta en funcionamento fai uns meses para apoiar á actividade das asociacións de empresarios e comerciantes do municipio.
“O ano pasado foron varios os establecementos comerciais de nova apertura en Rianxo que se beneficiaron desta liña de subvencións que impulsamos neste lexislatura”, sinalou Bustelo, apuntando que as persoas interesadas en beneficiarse deste programa poden achegarse á alcaldía para aclarar dúbidas sobre os trámites a realizar.




