A décimo oitava edición da Aula Galega de Saxofón chega ao Conservatorio Profesional de Música "Enrique Paisal" neste mes de maio. Trátase dun ciclo formativo arredor de dito instrumento con participación de alumnado do conservatorio ribeirense, así como doutros...
O PSdeG reclama unha actuación integral na rúa Correos para “poñer fin ao seu deterioro”
O PSdeG de Ribeira informou que vai levar ao pleno municipal da Corporación unha proposta para reclamar unha actuación integral na rúa Correos, segundo informou o grupo "unha vía situada nun punto especialmente relevante do centro da cidade, entre a rúa de Lugo e a...
A xuíza Paz Filgueira formou á veciñanza da comarca en igualdade na xudicatura
A veciñanza de Barbanza recibiu este venres 8 de maio unha valiosa formación sobre feminismo e xustiza por parte da xuíza ribeirense Paz Filgueira. A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago impartiu un faladoiro participativo aberto ao público,...
CONGALSA une apoio a entidades sociais e ao sector do mar na nova edición da súa Andaina Solidaria, con inscricións abertas ata o 21 de maio
A X Andaina Solidaria de CONGALSA combinará a recollida de alimentos non perecedoiros e achegas económicas para apoiar o tecido social e ao sector do mar da comarca do Barbanza. Os detalles da iniciativa, con inscricións abertas ata o 21 de maio, foron presentados...
Alumnado de Felgueiras intercambia experiencias co Colexio de Olveira
Estudantado da Escola Básica D. Manuel Faria e Sousa de Felgueiras desfrutan dende este mércores 13 de maio dunha estadía en Ribeira na compaña de alumnado de 6° curso do CEIP de Olveira dentro do proxecto de intercambio escolar do Eixo Atlántico. A rapazada foi...
Os cemiterios municipais de Ribeira comezan co horario de verán
Os dous cemiterios municipais do Concello de Ribeira comezarán no venres, 15 de maio, co horario de verán. En consecuencia, o camposanto de Ribeira estará aberto tódolos días, agás xoves, de 09.00 a 21.00 horas; mentres que o de Palmeira pechará nos luns e o horario...
O público de Ribeira desfrutará do festival do folclore de Tahúme no 16 de maio
O Concello de Ribeira continúa coa programación do Maio Cultural, onde hai tamén oco para o folclore cunha programación que pon o foco na lingua e letras galegas. Así, Tahúme celebrará o IX Festival Nacional de Folclore "Entre folclores" no sábado, 16 de maio, ás...
Numeroso público acudiu á charla “Desmantelamento da sanidade pública” da Asociación Illa de Rúa no Centro Cultural Lustres Rivas
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu este martes 12 de maio a charla Desmantelamento da sanidade pública, organizada pola Asociación Illa de Rúa e impartida polo médico e ex-concelleiro de Sanidade Juan Furones. A actividade contou cunha ampla resposta por parte da...
A 2ª edición do Chopo Saleiro converterá a rúa do Sal de Ribeira en epicentro gastronómico con 140 kg do cefalópodo
A rúa do Sal exaltará un dos produtos do noso mar coa segunda edición do Chopo Saleiro no 23 de maio que promove a Asociación Recreativa e Cultural Rúa do Sal coa colaboración de numerosas entidades, entre elas, o Concello de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro,...
Ribeira asistirá a un concerto solidario que porá o ramo ao proxecto educativo “Abrigo e Acubillo” no 23 de maio
A entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) organiza, coa colaboración do Concello de Ribeira, un concerto solidario como colofón ao proxecto educativo Abrigo e Acubillo, de sensibilización coa realidade dos campamentos de refuxiados/as saharauís,...
Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio
A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...
Obras de Outes, Ribeira, Rianxo, Teo e Santiago, distinguidas na 2ª edición dos Premios de Arquitectura “Próximos” da Delegación de Santiago do COAG
A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fallou a segunda edición dos Premios “Próximos”, nos que se recoñecen obras e proxectos realizados na demarcación colexial, onde se engloban 32 concellos do sur da provincia da Coruña, é...
A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza valorou a xuntanza cos responsábeis da Área Sanitaria como “un primeiro paso positivo”
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza emitiu un comunicado de valoración sobre a xuntanza mantida o pasado venres 8 de maio cos responsábeis sanitarios da Área Sanitaria, unha reunión que cualifican de “primeiro paso positivo a falta de máis avances...
A Deputación destina preto de 23.000 euros a mellorar os medios e instalacións das confrarías de Carreira-Aguiño e Ribeira
O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns 11 de maio a concesión de dúas axudas da Deputación da Coruña destinadas a investimentos en confrarías de pescadores do concello de Ribeira, por un importe total de 22.780 euros. As subvencións enmárcanse na liña...
O PSdG súmase ás demandas dos empresarios de Ribeira para que a Xunta axilice o proxecto do novo polígono
O PSdeG de Ribeira, a través do seu voceiro Francisco Suárez-Puerta, achegou un comunicado no que confirma a súa adhesión á reclamación da Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) na que a patronal reclamaba ao Goberno galego máis celeridade proxecto do novo...
O Concello de Ribeira destina 100.000 euros para os bonos AmaRibeira que buscan fortalecer o comercio local
O Concello de Ribeira saca novamente os bonos AmaRibeira destinando 100.000 euros dentro do plan de fortalecemento do pequeno comercio local. "Cremos que é unha boa medida para dinamizar a economía local e fortalecer o noso pequeno comercio”, sinalou a alcaldesa,...
Ribeira celebra o Encontro das Persoas Maiores con 900 asistentes na Fieiteira
O Concello de Ribeira celebrou este domingo o tradicional Encontro das Persoas Maiores, unha cita na que se deron cita arredor de 900 comensais no complexo deportivo da Fieiteira, habilitado para a ocasión como salón de eventos. A alcaldesa, María Sampedro, e membros...
Os empresarios de Ribeira lembran á Xunta que o concello precisa canto antes un novo polígono
O presidente da AER, Francisco Martínez Gude, nunha foto de arquivo A Asociación de Empresarios de Ribeira, AER, emitiu a través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, un comunicado sobre o proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas no que mostran a...
A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes
O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...
O BNG reivindica en Ribeira a construción da residencia pública de Coroso
O BNG de Ribeira realizou este sábado unha acción informativa nas rúas da cidade para trasladar á veciñanza a información oficial confirmada polo Goberno do Estado: non existen trabas legais para construír a residencia pública de maiores de Coroso, un proxecto no que...
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira organiza o 14 de maio un mercadiño solidario de libros a prol de ASANOG
A Asociación de Amas de Casa de Ribeira, a través do seu Club de Lectura e coa colaboración do Concello de Ribeira, organizará o vindeiro día 14 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, un mercadiño solidario de libros na praza do Concello. A recadación obtida irá destinada...
O folclore galego toma a parroquia de Artes co inicio do Bruón Folk Fest
María Sampedro na inauguración do festival O Bruón Folk Fest levantou o pano este venres co obxectivo de facer vibrar a parroquia ribeirense de Artes co folclore galego durante as xornadas do 8 e 9 de maio. A...
A Asociación Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño) comparte o seu (completo) programa das Letras Galegas
De esquerda a dereita, Josefa Suárez, Pilar Millet, Elvira Pisos, Rosa Millet e Unai González, directivos da asociación Francisco Lorenzo Mariño. Como vén sendo tradición dende hai 21 anos, a Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño vai organizar unha serie de...
Os empresarios de Ribeira entregan os premios da Campaña do Día da Nai (“Agasalla a Mamá”)
A Asociación de Empresarios celebrou este venres 8 de maio o acto de entrega de premios da Campaña do Día da Nai que se desenvolveu os días pasados baixo o lema Agasalla a Mamá. Foi unha iniciativa posta en marcha pola AER para dinamizar o comercio local e premiar a...
O PSdeG reclama responsabilidades na obra da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño, que segundo din debía estar rematada en maio de 2025
O PSdeG-PSOE de Ribeira vén de presentar por rexistro unha petición ao Goberno local para, segundo fai saber a agrupación, "reclamar que o Concello actúe ante os reiterados atrasos nas obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño, unha infraestrutura que debía estar...
O desafío da remuda xeracional no mar centrou unha xornada na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira
A Escola Náutico Pesqueira de Ribeira acolleu este xoves 7 de maio a xornada xornada técnica do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar, un proxecto promovido polos oito GALP galegos en colaboración cun homólogo do País Vasco. A cita reuniu a representantes da...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Desaloxos” – José Manuel Pena
A quen beneficia os desaloxos de familias vulnerables, sen alternativa habitacional? Grazas a algúns partidos da dereita política e económica os lanzamentos de vivendas habituais continúan con total alegría e desamparo xudicial. O negocio da vivenda continúa con total...
“Facer da crise da vivenda unha bandeira electoral non é ilegal” – Antón Luaces
Os decretos de vivenda que o Goberno tenciona aprobar novamente hoxe no Consello de Ministros, poderían ter unha tramitación complicada na Deputación Permanente do Congreso dos Deputados. Aínda que é legal, o terremoto político xerado a partir do que o citado...
“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro
Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...
“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela
Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...
“Obxectivo final: traballar e vivir en España. Os migrantes non queren regresar a Marrocos” – Antón Luaces
O PP demanda endurecer penas por atentado e desobediencia á Policía e crear unha Fiscalía especial para estes delicos. Pola contra, non son poucos os migrantes que, desde vai dous meses que cruzaran a nado o espazo do Tarajal entre Marrocos e Ceuta, procuran...





























