Alumnado de Felgueiras intercambia experiencias co Colexio de Olveira

13 Maio 2026


Estudantado da Escola Básica D. Manuel Faria e Sousa de Felgueiras desfrutan dende este mércores 13 de maio dunha estadía en Ribeira na compaña de alumnado de 6° curso do CEIP de Olveira dentro do proxecto de intercambio escolar do Eixo Atlántico. A rapazada foi recibida pola concelleira de Educación, Nucha Brión, e nesta xornada visitaron a exposición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico no Centro Cultural Lustres Rivas para despois desfrutar de tempo de lecer na cidade e visitar o Museo Municipal e participar nun paseo comentado polo centro arredor da arte urbana.

No día de mañá, xoves 14 achegaranse a coñecer o Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (CIELGA) no Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, ademais de proba do novo visualizados virtual do ecosistema. Posteriormente, celebrarán a Festa dos Maios en Olveira e, xa pola tarde, regresarán a Portugal.

Na semana pasada foi a quenda do alumnado ribeirense en terras lusas, onde puideron coñecer o peso da industria do calzado na zona coa visita á fábrica de Pão de Lo, así como outras de carácter cultural como á Vila Romana de Sendim. Unha serie de actividades que propician a convivencia entre a comunidade educativa de diferentes países.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...