Os empresarios de Ribeira entregan os premios da Campaña do Día da Nai (“Agasalla a Mamá”)

08 Maio 2026

A Asociación de Empresarios celebrou este venres 8 de maio o acto de entrega de premios da Campaña do Día da Nai que se desenvolveu os días pasados baixo o lema Agasalla a Mamá.

Foi unha iniciativa posta en marcha pola AER para dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade da clientela que aposta polos establecementos de proximidade.

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Ribeira, María Sampedro Fernández, que acompañou á asociación nesta entrega de premios e destacou “a importancia de apoiar o comercio local como motor económico e social do municipio”.

O premio principal, dotado con 1.000 euros para gastar nunha única xornada nos comercios participantes, recaeu en Rosana Olveira, grazas a un tícket rexistrado no establecemento Os Nenos.

Ademais, entregáronse dous vales regalo de 50 euros cada un para gastar en Supermercados Gadis, que foron para Yoli Paz e Pilar Ageitos, polos tíckets realizados nos establecementos Genas e Bar O Delas, respectivamente.

Tamén se fixo entrega dunha cea para dúas persoas, doada por Chicolino, a Victoria Alonso, cun tícket rexistrado en Federópticos Filgueira Martínez.

Por último, Inés Lorenzo resultou premiada cun vale de combustible de Cepsa, grazas a unha compra realizada en El Golimbreo.

A través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, a Asociación de Empresarios de Ribeira quixo trasladar “os parabéns a todas as premiadas”, así como agradecer a colaboración dos establecementos participantes e a confianza de toda a clientela que escolle mercar no comercio local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...