O PSdeG reclama unha actuación integral na rúa Correos para “poñer fin ao seu deterioro”

14 Maio 2026

O PSdeG de Ribeira informou que vai levar ao pleno municipal da Corporación unha proposta para reclamar unha actuación integral na rúa Correos, segundo informou o grupo “unha vía situada nun punto especialmente relevante do centro da cidade, entre a rúa de Lugo e a rúa Marcial de Adalid, que leva anos sumida no abandono e que non pode seguir sendo o espazo esquecido no medio de Ribeira”.

Desde o PSdeG lembran que “nos últimos anos desenvolvéronse melloras en diferentes rúas próximas, como a avenida Rosalía de Castro, a rúa de Lugo, a contorna da praza do Concello ou a rúa Otero Pedrayo, e que tamén están previstas actuacións na rúa Uxío Novoneyra e na rúa Cristóbal Colón”, e que por iso, “consideran incoherente que a rúa Correos continúe presentando un estado evidente de abandono, cun pavimento deteriorado, gretas, parches, humidades, desniveis e zonas irregulares que afectan á seguridade, á accesibilidade e á imaxe urbana desta parte de Ribeira”.

A proposta socialista tamén pon o foco na obra abandonada existente na contorna da rúa, que leva degradándose cando menos arredor de catorce anos. A parcela presenta estruturas inacabadas, ferralla oxidada, restos de materiais, lixo acumulado, vexetación descontrolada e elementos que xeran preocupación entre a veciñanza. Suárez-Puerta sinala que “non estamos ante unha simple cuestión estética, senón ante un problema de seguridade, salubridade, convivencia e respecto por toda a veciñanza”.

Os socialistas din que a veciñanza leva anos protestando polo “estado da rúa e da obra abandonada, que estaría favorecendo usos indebidos desta zona, incluíndo o consumo e o trapicheo de drogas, ao existir recunchos pouco visíbeis, valados, zonas escuras e unha clara falta de control”. Para o grupo, esta situación “agrava aínda máis a necesidade de actuar con urxencia, porque a degradación urbana acaba xerando tamén problemas de convivencia e inseguridade”.

Os socialistas reclaman que o Concello “revise o estado da licenza, o cumprimento das súas condicións, a seguridade da parcela e as medidas que procedan conforme á normativa”. Ademais, solicitan que “mentres non exista unha solución definitiva, sexan adoptadas medidas inmediatas de limpeza, retirada de residuos, control da maleza, revisión dos valados e mellora da iluminación”.

“O centro de Ribeira non pode avanzar por un lado e retroceder por outro. A rúa Correos necesita unha resposta seria e unha actuación integral que a incorpore de verdade na renovación urbana que se está levando a cabo”, concluíu o portavoz socialista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.