Os empresarios de Ribeira lembran á Xunta que o concello precisa canto antes un novo polígono

10 Maio 2026
O presidente da AER, Francisco Martínez Gude, nunha foto de arquivo

A Asociación de Empresarios de Ribeira, AER, emitiu a través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, un comunicado sobre o proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas no que mostran a súa preocupación polo estado no que se atopa o desenvolvemento do proxecto. No escrito din reflectir a inquietude de “moitos dos nosos asociados, que tanto tempo levan agardando polo polígono” e solicitan á Xunta de Galicia a “maior dilixencia para comezar a súa continuación”.

E sinalan: “Ante a gran dificultade económica que esta obra implica e unha vez tomada a decisión por parte do Concello, de pasar á Xunta de Galicia a continuidade do proxecto, solicitamos desta que, fiel á palabra dada a membros da nosa directiva nos moitos encontros de traballo que sobre este asunto mantivemos con diferentes altos cargos da administración, a Administración autonómica axilice os traballos para proceder á licitación e dar continuidade ao proxecto”. Segundo indican os empresarios, “Ribeira leva moito anos esperando por este polígono, demasiado tempo, non podemos soportar máis a deslocalización das nosas empresas ao mesmo tempo que perder a oportunidade de que as empresas foráneas se asenten no noso municipio”.

No comunicado indican que “polo traballo realizado ata o de agora, polo apoio dos nosos empresarios interesados en obter terreos nos que implantar os seus proxectos empresariais para o desenvolvemento da nosa cidade, para obter os postos de traballo que os nosos fillos necesitan para o seu futuro, pedimos á nosa alcaldesa non se deteña no seu empeño de loitar para que a obra non se estanque, ao mesmo tempo requirimos da Xunta cumpra coa súa palabra dada a esta Asociación e poña da seu parte a axilización deste proxecto para que a burocracia non a teña parada nas teas de araña da administración”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...