Os dous cemiterios municipais do Concello de Ribeira comezarán no venres, 15 de maio, co horario de verán. En consecuencia, o camposanto de Ribeira estará aberto tódolos días, agás xoves, de 09.00 a 21.00 horas; mentres que o de Palmeira pechará nos luns e o horario será de martes a sábado, de 09.00 a 21.00 horas, e os domingos, de 09.00 a 13.00 horas.




