A xuíza Paz Filgueira formou á veciñanza da comarca en igualdade na xudicatura

14 Maio 2026


A veciñanza de Barbanza recibiu este venres 8 de maio unha valiosa formación sobre feminismo e xustiza por parte da xuíza ribeirense Paz Filgueira. A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago impartiu un faladoiro participativo aberto ao público, organizado pola Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción), ao que asistiron decenas de persoas que encheron as butacas do Centro Cultural Lustres Rivas.

A charla xirou en torno á necesidade de visibilizar a realidade de moitas mulleres vítimas de violencia de xénero que, cando deciden denunciar, encontran nas institucións un espazo hostil que as obriga a pasar por un proceso de revitimización.

Durante o acto tamén se trataron as dificultades que atravesan as crianzas destas mulleres, que en moitas ocasións vense envoltas en procesos
xudiciais que non teñen en conta a súa vulnerabilidade como fillos ou fillas dun home maltratador.

Interrupcións e críticas

Con todo, dende a organización sinalaron que a charla “foi interrompida de maneira abrupta e violenta por parte do persoal responsábel de xestionar o Centro Cultural Lustres Rivas“. Engadiron que “a detención do acto por orde directa da concelleira de Igualdade ao persoal da sala provocou que as máis de 40 persoas que alí se atopaban tiveran que desaloxar o centro entre improperios propiciados pola xestora“.

Por este motivo, dende o colectivo denunciaron “a pouca flexibilidade e a falta de colaboración do Concello”, á vez que cualificaron o comportamento da conserxe de “inaceptábel” , ao “interromper o faladoiro con agresividade sumado a unha serie de agravios dirixidos a varias das persoas organizadoras, que incluso tiveron que soportar comentarios inapropiados de índole persoal”, criticaron dende a asociación.

E engadiron: “A actuación desta persoa pareceunos unha absoluta falta de respecto cara a relatora, as organizadoras e o público asistente, que provocou o estupor e a indignación de todas as persoas alí presentes. Desta maneira constatamos que a voz das mulleres e do movemento feminista molesta nos espazos públicos”.

Por este motivo, dende a Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres da Barbanza condenaron o que cualificaron de “trato irrespectuoso recibido tanto polo persoal como polo Concello”, que catalogaron como “pouco profesional e totalmente inadecuado, non só pola falta de flexibilidade senón pola falta de educación exhibida”.

Malia todo recalcaron que “o entusiasmo amosado pola cidadanía ribeirense supón para nós un incentivo á hora de seguir traendo á comarca voces tan relevantes como a da xuíza Paz Filgueira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.