A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

09 Maio 2026

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da celebración do 25 aniversario da institución e reúne 65 debuxos á augada orixinais realizados a finais da década de 1950.

Por primeira vez, o museo exhibe todos os orixinais que conserva desta obra, nun percorrido que permite redescubrir un dos clásicos de Verne a través da linguaxe visual de Íñigo. A colección complétase con fondos doutros títulos emblemáticos do autor, como 20.000 leguas de viaxe submarina, Don Quixote da Mancha e As mil e unha noites, empregados para álbums ilustrados, cromos e adaptacións literarias da editorial Archivo de Arte.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, destacou durante a presentación que a exposición “non só representa unha viaxe ao centro da terra, senón tamén unha viaxe á nosa infancia”. Sinalou ademais o valor destas pezas para achegar o público á obra de Verne e ao traballo artístico do gravado.

Barreiro definiu a proposta como unha oportunidade para gozar en familia, especialmente cos máis pequenos, e para descubrir ao tempo a literatura clásica, a disciplina do gravado e a oferta cultural do Museo do Gravado de Artes. A mostra preséntase así como unha viaxe visual marcada polo detalle no trazado e o dominio da cor.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.