Padrón formalizou na tarde deste venres 3 de xullo a apertura oficial da XIX Feira Medieval, unha das citas máis agardadas do calendario festivo local, que durante toda a fin de semana converterá o centro histórico nun grande escenario de época con máis de 90 postos...
Ribeira habilita un aparcamento disuasorio na zona dos Mosqueiros, en Castiñeiras
Esta área estará operativa todo o ano. Na senda de favorecer o estacionamento para evitar a conxestión de vehículos en determinadas zonas do municipio, que se agudiza durante o verán nas proximidades ao litoral, o Concello de Ribeira habilita un aparcamento disuasorio...
Ribeira incorpora como novidade á súa oferta turística de verán as actividades de turismo mariñeiro
Haberá roteiros das artes de pesca e da conserva e da salazón O Concello de Ribeira debulla polo miúdo o contido dunha das novidades da súa programación turística para este verán: as actividades de turismo mariñeiro. Esta acción desenvolverase nos días 10 e 15 de...
Carlos Callón, CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G reciben os XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación
A Deputación fixo entrega esta tarde do XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua, unha iniciativa que recoñece iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega. Carlos Callón, a Coordinadora de Traballadores/as de...
Máis dunha vintena de cruceiros dispostos a dar a Volta a Sálvora na Regata CONGALSA
Juan Caballero (texto e imaxes). Este sábado 4 de xullo larga amarras desde os pantaláns do Club Náutico Deportivo de Ribeira a XV edición da Regata CONGALSA – Volta a Sálvora, con máis dunha vintena de barcos na auga que xa confirmaron a súa participación. Non será...
A Garda Civil investiga un intento de linchamento previo ao inicio das Festas de Verán de Boiro
As festas de Boiro comezan este venres 3 de xullo e os preparativos foron de todo menos tranquilos. Segundo denunciaron (e rexistraron) os veciños, esta semana de preparativos produciuse un importante altercado entre os feirantes que arranxaban os últimos detalles das...
O BNG mantén o seu apoio á veciñanza de Aguiño e demanda solucións “ante o agravamento na Atención Primaria”
O BNG mantén o seu apoio á veciñanza de Aguiño, que continúa mobilizándose en defensa da sanidade pública ante o que "a grave situación que atravesa o consultorio da parroquia", sinalaron os nacionalistas, engadindo que o Centro de Saúde local "dende o pasado mes de...
Conclúe con música, agasallos e sorteos a campaña de homenaxe ás avoas e aos avós dos empresarios de Ribeira
Na mañá deste venres 3 de xullo chegou ao seu remate a edición 2026 da campaña Cos Avós non Comercio de Ribeira,impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira (AER). O punto e final da campaña incluíu no seu programa varias actividades interxeneracionais e...
A Xunta mellorará a oferta das bibliotecas e axencias de 183 concellos (con achegas para Muros, O Son, Outes, Noia, Ribeira, A Pobra, Rianxo e Boiro)
A Xunta, a través da Consellería de Cultura e Lingua, anunciou que colabora con 183 concellos para mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura a través da adquisición de novidades editoriais en galego e a actualización das súas coleccións...
O MUGART celebra esta fin de semana un novo Obradoiro de Gravado
Esta fin de semana, dende este venres 3 de xullo ata o domingo 5 de xullo, o MUGART (Museo do Gravado de Artes) vai celebrar un novo Obradoiro de Gravado, desta volta adicado ás técnicas do litogravado e a augaforte. Nesta ocasión participan 13 alumnos/as de distinta...
Licitado o proxecto de renovación de vías en Regueiro, Isorna
O Concello de Rianxo informou da licitación do proxecto de renovación da rede viaria do núcleo do Regueiro, na parroquia de Isorna. A actuación consistirá fundamentalmente na limpeza previa das pistas e o seu posterior asfaltado con mestura bituminosa en quente. O...
O MUGART celebrou os seus 25 anos como motor cultural e embaixador internacional de Galicia
Na tarde deste 2 de xullo o Museo do Gravado de Artes (MUGART) celebrou os seus 25 anos de andaina cultural, artística, formativa e dinamizadora, nun acto conmemorativo que contou coa presenza (entre outras/os) do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a alcaldesa de...
Este sábado amplíase a alerta vermella por episodio de calor a 138 concellos
Entre os afectados Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois e en Arousa sur: O Grove, A Illa de Arousa, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa. Segundo os datos enviados hoxe por...
O obradoiro de emprego ‘Tahume XI’ de Ribeira e Porto do Son avanza cara á súa fase práctica
Un total de 20 persoas desempregadas fórmanse desde xuño nas especialidades de carpintería e sector forestal. O obradoiro de emprego Tahume XI, un proxecto impulsado conxuntamente polos concellos de Ribeira e O Porto do Son, avanza a bo ritmo desde a súa posta en...
O Concello de Ribeira saca a licitación a iluminación decorativa do Nadal para dúas anualidades
O Concello de Ribeira traballa xa coa vista posta no Nadal e saca a licitación o servizo de subministración, instalación e mantemento da iluminación desta época festiva para o período 2026-2027 e 2027-2028, comprendendo así dúas anualidades e podendo prorrogarse por...
A XXX edición da Regata Crucero Cenor recala en Boiro o vindeiro 11 de xullo
O Concello de Boiro colabora coa XXX edición da Regata Cruceiro Cenor, que terá lugar os días 11 e 12 de xullo entre os náuticos de Barraña e Portonovo. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación da proba xunto con Javier Ruiz de Cortázar, presidente do...
O proxecto Amicos OnBoardin clausúrase cun acto no Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago
O proxecto Amicos Inclusion: OnBoarding, impulsado pola entidade inclusiva da nosa comarca Amicos, chegou este mércores, 1 de xullo, ao seu fin cun acto de clausura celebrado no Centro de Control da Área Terminal de Santiago de Compostela, no aeroporto Rosalía de...
O BNG urxe á Consellería do Mar a intensificar as medidas contra a expansión da alga asiática. A Xunta responde.
A portavoz de Pesca do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, esixiu á Consellería de Mar que "de maneira urxente e decidida tome medidas para frear a expansión das especies invasoras na costa galega e, nomeadamente, da alga asiática, que segue a crecer malia que xa no 2024...
A Pobra presenta a programación das Festas do Carme do Castelo 2026
O Concello da Pobra do Caramiñal e a Comisión de Festas do Carme do Castelo presentaron a programación das Festas do Carme do Castelo 2026, que se celebrarán entre os días 16 e 19 de xullo cun amplo programa de actos que combinará tradición, música, cultura popular e...
O Concello de Boiro contará cun dispositivo especial de seguridade con motivo das Festas do Verán 2026
O Concello de Boiro ten preparado, con motivo das Festas do Verán 2026 que se celebran do 3 ao 8 de xullo, un dispositivo especial de seguridade que contempla o aumento de efectivos na rúa, un posto de mando avanzado e a regulación do tráfico para evitar retencións....
Rianxo recibiu unha axuda de 547.364 euros para levar a cabo a renovación completa da iluminación do concello
O Concello de Rianxo vén de licitar o que sería un dos proxectos máis relevantes da presente lexislatura, “tanto polo investimento que supón como polas súas consecuencias”, segundo explicou o alcalde Julián Bustelo, lembrando que hai uns meses Rianxo resultou ser un...
A música, a arte urbana, os videoxogos, a literatura e o teatro protagonizan o Verán Cultural de Rianxo
O Concello de Rianxo presentou o seu programa Verán Cultural 2026, unha axenda ateigada de propostas para todas as idades, gustos e tendencias, que inclúe citas tan relevantes como a Feira do Libro, o festival de arte urbana Viladomar (VII), a feira informática e de...
O barrio do Castelo na Pobra prepárase para catro días de música, tradición e sardiñada coas Festas do Carme
As celebracións terán lugar do 16 ao 19 de xullo coa mítica procesión marítima e o X Festival Folk como pratos fortes. Xa hai folla de ruta oficial para unha das citas máis agardadas do verán na comarca. O barrio do Castelo, na Pobra do Caramiñal, vivirá os seus días...
Ribeira estrea unha conexión directa en autobús coa praia do Vilar para reducir o tráfico estival
A alcaldesa, María Sampedro, inaugurou a liña compartindo viaxe coa mocidade, a principal usuaria nesta primeira xornada. O novo Servizo de Interese Municipal (SIMU) funcionará durante os meses de xullo e agosto. O Concello de Ribeira puxo en marcha no día de hoxe o...
O festival Viladomar arranca en Rianxo a súa sétima edición con tres novas intervencións murais
Lula Goce, Agustina Shuan e Alejandro Mosquera transformarán desde hoxe distintos espazos da vila nunha cita que mestura arte pública, comunidade e patrimonio ata o 11 de xullo. A arte pública e a creación contemporánea volven ser as protagonistas en Rianxo. Desde...
En Aguiño, éxito de público do IX Festival de Canto e Música Tradicional Son’s 2026
O pasado sábado 27 de xuño a Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño (AFLM) celebrou a IX edición do Festival de Canto e Música Tradicional Son´s en Aguiño 2026, coa participación de cinco grupos que actuaron nesta orde: AC Bailadela de ribeira, As Setelinguas...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
CRÓNICAS RIBEIRENSES : “A avelaíñas das noites de verán” – Antón Luaces
As bolboretas nocturnas non eran boas compañeiras de viaxe nas estradas -aínda por asfaltar- de Ribeira a Noia e o pequeno mapa-mundi do concello de Santa Uxía de Ribeira: a de Martín con saída a Castiñeiras e enlace coas de Aguiño, Vixán, Carreira, Olveira,...
“Eclipsados por magufos” – Lois Alcayde Dans
Xusto despois de que o sol se deixara ver de novo no ceo chegamos á casa e, un chisco antes de preparar a cea —énos este un particular luscofusco caseiro ben agardable, pois a luz azul que entra do patio fai máis acolledora a cociña, a casa permanece nese silencio...
“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell
Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...
CRÓNICAS RIBEIRENSES. “Falemos do polbo galego, dicindo a verdade” – Antón Luaces
Teño un bo amigo que, para min, leva nas veas máis salitre que sangue. Vou gardar, co permiso do lector, o seu nome, porque facelo público sei que, no fondo, non lle prestaría ningún favor. Pero si podo asegurar que canto el e mais eu temos falado -que é moito- do...
“Recreación histórica” – Xulio Xiz
As festas de recreación histórica están de moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...



























