A Pobra presenta a programación das Festas do Carme do Castelo 2026

02 Xullo 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Comisión de Festas do Carme do Castelo presentaron a programación das Festas do Carme do Castelo 2026, que se celebrarán entre os días 16 e 19 de xullo cun amplo programa de actos que combinará tradición, música, cultura popular e actividades para todas as idades.

No acto participaron a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; o presidente da Comisión de Festas do Carme do Castelo, José María Abuín; o tesoureiro, Ricardo Santa María; e os membros da comisión José Manuel Fariña, Lola Olveira e Raquel Hermo.

Durante a súa intervención, Patricia Lojo puxo en valor o traballo e a implicación da Comisión de Festas para facer posíbel unha nova edición desta celebración, así como a importancia de preservar unhas tradicións profundamente vencelladas á identidade mariñeira da Pobra do Caramiñal. A concelleira tamén animou á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nunha cita que cada verán converte o barrio do Castelo nun espazo de encontro, convivencia e dinamización cultural.

Pola súa banda, os representantes da Comisión agradeceron a colaboración das persoas, entidades e empresas que colaboran coa organización destas festas e convidaron a toda a cidadanía a sumarse aos distintos actos programados.

As celebracións darán comezo o xoves 16 de xullo co tradicional lanzamento de bombas de palenque, ao que seguirá o disparo de bombas na honra da patroa. A xornada continuará coa música tradicional a cargo de Arrancadeira e As de Sempre, e rematará cun concerto da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra no Cantón da Leña.

O venres 17 de xullo celebrarase a tradicional sardiñada e foliada na Covecha, antes dos concertos de Menestreis e Brumeigho, que terán lugar no adro da igrexa.

O sábado 18 desenvolverase a xornada máis intensa das festas, con alboradas polas parroquias, ruadas, música nas rúas, inchábeis con auga e festa da escuma para a cativada, ademais do concerto da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

Pola noite celebrarase a décima edición do Festival Folk, coas actuacións de Rianxeiras da Covecha, Faíscas da Pontraga e A Requinta de Lampai, antes da sesión musical de DJ Jalaiko.

As festas concluirán o domingo 19 de xullo coa misa solemne na honra da Virxe do Carme na Igrexa Parroquial de Santiago do Deán e coa tradicional procesión marítima, acompañada por Arrancadeira e a Banda de Música de Padrón. Ao longo da xornada tamén haberá alboradas, ruadas e un concerto da Banda de Música de Padrón nos Xardíns de Valle-Inclán. Ademais, habilitaranse tres catamaráns para que as persoas interesadas poidan seguir desde o mar a procesión e a ofrenda floral en homenaxe a todas as persoas falecidas no mar.

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Comisión de Festas convidan á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse ao barrio do Castelo para compartir catro días nos que a tradición mariñeira, a música e a cultura popular volverán converter esta celebración nunha das citas máis destacadas do calendario festivo da vila.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.