O Concello de Rianxo informou da licitación do proxecto de renovación da rede viaria do núcleo do Regueiro, na parroquia de Isorna.
A actuación consistirá fundamentalmente na limpeza previa das pistas e o seu posterior asfaltado con mestura bituminosa en quente.
O proxecto conta cun orzamento de 63.401 euros. Para o seu financiamento o Concello de Rianxo recibiu unha subvención da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia por importe de 52.457 euros.




