A XXX edición da Regata Crucero Cenor recala en Boiro o vindeiro 11 de xullo

02 Xullo 2026

O Concello de Boiro colabora coa XXX edición da Regata Cruceiro Cenor, que terá lugar os días 11 e 12 de xullo entre os náuticos de Barraña e Portonovo. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación da proba xunto con Javier Ruiz de Cortázar, presidente do náutico de Portonovo, e Jesus Babío, presidente do Náutico de Barraña.

A regata está dividida en tres categorías: para barcos ORC, solitario, veteranos e J80. “Este ano cambiamos a data pero a regata segue a manter o mesmo percorrido con saída de Portonovo e chegada ao náutico de Barraña”, confirmou Javier Ruiz de Cortázar

Está prevista a participación dunhas 25 embarcacións e máis de 70 persoas que chegarán o sábado a Boiro e participarán neste Trofeo Concello de Boiro. “Pola nosa parte é un orgullo que se siga a contar co náutico de Barraña para a celebración desta regata”, recoñeceu Jesús Babío.

Este ano, con motivo do trinta aniversario da regata, a entrega de premios do Trofeo Concello de Boiro terá lugar no Pazo de Goiáns. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu os dous náuticos a súa implicación “para que unha proba coma esta se manteña viva tanto tempo, poñendo a Boiro no mapa do turismo náutico”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.