O barrio do Castelo na Pobra prepárase para catro días de música, tradición e sardiñada coas Festas do Carme

01 Xullo 2026
  • As celebracións terán lugar do 16 ao 19 de xullo coa mítica procesión marítima e o X Festival Folk como pratos fortes.

Xa hai folla de ruta oficial para unha das citas máis agardadas do verán na comarca. O barrio do Castelo, na Pobra do Caramiñal, vivirá os seus días grandes na honra da Virxe do Carme entre o xoves 16 e o domingo 19 de xullo, cunha programación que aposta firmemente pola música tradicional, as actividades familiares e o respecto á identidade mariñeira.

Xoves 16 e venres 17: Bombas, sardiñada e foliada

O arranque oficial das festas a cargo do programa de 2026 A Pobra festa do carmen cartel 2 (Personalizado).JPG terá lugar o xoves 16 co disparo das 21 bombas de palenque ás 12:00 horas. Pola tarde, a música tradicional inundará as prazas coas formacións Arrancadeira e as pandereiteiras As de Sempre, pechando a xornada un concerto no Cantón da Leña ofrecido pola Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

O venres 17 a actividade trasladarase á zona da Covecha a partir das 20:30 horas cunha sardiñada e foliada popular. A noite continuará no adro da igrexa cos concertos de Menestreis e Brumeigho.

Sábado 18: Festa da escuma e o X Festival Folk

A fin de semana comezará cunha intensa xornada de alboradas polas parroquias e o pasarrúas do Ateneo Musical da Pobra. Pensando na cativada, a praza Alcalde Segundo Durán acollerá de 11:00 a 14:00 horas un espazo de inchables con auga e festa da espuma (recoméndase asistir con bañador).

Tras o concerto vespertino nos Xardíns de Valle-Inclán, a praza do alcalde Segundo Durán converterase no escenario do X Festival Folk, que este ano contará coas actuacións de Rianxeiras da Covecha, Faíscas da Pontraga e A Requinta de Lampai, para rematar a madrugada ao ritmo de DJ Jalaiko.

Domingo 19: Procesión marítima con catamaráns

O broche de ouro do domingo 19 arrancará coa animación de rúa de Ghaiteiros do Chimpín e Trécola, e as actuacións da Banda de Música de Padrón. O momento máis emotivo e agardado do cartel de 2026 A Pobra festa do carmen cartel 2 (Personalizado).JPG chegará ás 19:00 horas coa Misa Solemne na igrexa parroquial de Santiago do Deán, cantada polo Coro Parroquial.

Ao remate, sairá a emblemática Procesión Marítima co acompañamento de Arrancadeira e a Banda de Música de Padrón. Para facilitar que os fieis e visitantes poidan seguir a comitiva dende o mar e participar na ofrenda floral polos falecidos, a organización habilitará un total de 3 catamaráns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.