A Garda Civil investiga un intento de linchamento previo ao inicio das Festas de Verán de Boiro

03 Xullo 2026

As festas de Boiro comezan este venres 3 de xullo e os preparativos foron de todo menos tranquilos. Segundo denunciaron (e rexistraron) os veciños, esta semana de preparativos produciuse un importante altercado entre os feirantes que arranxaban os últimos detalles das súas atraccións, altercado que derivou nun intento de linchamento que xa está ser investigado pola Garda Civil, segundo reflectiu este venres a TVG, que relata que as persoas implicadas puideron enfrontarse tras un desacordo motivado polo espazo que debían ocupar.

Polo que transcendeu, a pelexa foi ben desigual e incluíu o uso barras de ferro por parte dun dos grupos que perseguiron a un dos seus contrincantes entre as atraccións xa instaladas. As testemuñas aseguran que o home que estaba só puido ser atacado ata por unha vintena de feirantes e en repetidas ocasións. No Hospital do Barbanza foron ingresados dous varóns, un de 20 anos e outro de 46, e unha terceira persoa.

A Garda Civil abriu unha investigación, a pesar de que non consta que haxa denuncias de ningunha das partes. Nun dos vídeos achegados pola TVG apréciase como unha veciña de Boiro tentou en todo o intre defender á persoa agredida dos e das feirantes que o perseguían, mesmo chegou a botarse enriba del para defendelo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.